• Tardes Abertas

    tardes abertas (pequeña)

     

    Tardes cheas de actividades de luns a venres de 17.30h a 19.30h para nenos/as de 4ºEI a 6ºEP, preme aquí para máis información!

     

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as neste novo proxecto que é Tardes Abertas! Un proxecto que nace nesta situación tan complicada, logo de que moitas familias se puxeran en contacto con nós para comentarnos a súa necesidade de conciliar a vida laboral e familiar, ofrecendo aos nenos/as un momento lúdico-educativo de xogo con outros nenos/as da súa idade.

    A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento os nosos protocolos sanitarios atendendo as indicacións das autoridades sanitarias competentes , foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade.

     

    DATAS, HORARIOS e INSTALACIÓNS

    Tardes Abertas comezará o luns 2 de novembro e continuará ata o mes de maio, de luns a xoves para os nenos/as Educación Infantil e Primaria  e os venres unicamente para Infantil.

     

    LUNS

    MARTES

    MÉRCORES

    XOVES

    VENRES

    EI

    EI

    EI

    EI

    EI

    EP

    EP

    EP

    EP

     

    O horario será desde as 17:30h. ata as 19:30h. nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Xangal e Biblioteca con posibilidade se fose necesario de quedar máis tempo despois das 19.30h, consultando en Amencer.

    Debido ao carácter de conciliación deste proxecto, os animadores/as do grupo poderán recoller aos nenos e nenas nas súas aulas do colexio Salesianos María Auxiliadora para levalos directamente á actividade (adaptado aos horarios de saída escalonada do colexio), marcándoo na ficha de inscrición e indicando o seu grupo-clase.

     

    GRUPOS

    Algunhas das actividades que levaremos a cabo serán deportes, xogos, obradoiros.... a través de pequenos grupos de convivencia compostos tanto polos animadores/as como polos nenos/as  en función da normativa actual vixente, que se manterán durante todo o proxecto. Para poder poñer en marcha o proxecto será necesario un grupo mínimo por día de 4 nenos/as.

    Segundo a evolución da situación e do que indiquen as autoridades sanitarias os grupos estarán compostos entre 4 e 9 nenos/as máis 1 animador/a.

     

    COTAS

    É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as toda a semana dámosvos a opción de que participen un, dous, tres, catro ou cinco días á semana, polo que a cota de cada participante dependerá do número de días á semana nos que participe.

    O pago do primer mes adxuntarase directamente no momento da inscrición facendo ben pago por transferencia bancaria (no número de conta que aparece na ficha de inscrición) ou ben por TPV nas oficinas. Os seguintes meses os ingresos poderán realizarse do mesmo modo: TPV ou transferencia (NON facemos domiciliacións)

     

    COTA MENSUAL

    DESCONTO

    COTA MENSUAL FINAL

    1 DÍA / SEMANA

    24€

    0%

    24€

    2 DÍAS / SEMANA

    48€

    5%

    45,60€

    3 DÍAS / SEMANA

    72€

    5%

    68,40€

    4 DÍAS / SEMANA

    96€

    10%

    86,40€

    5 DÍAS / SEMANA

    120€

    15%

    102€

    O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual.

     

    INSCRICIÓNS

    Como xa comentabamos os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 6º de EP, ambos inclusive.

    As inscricións  realizaranse de forma online dende o 21 de outubro. En caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición poñerse en contacto con nós para facela directamente nas nosas oficinas.

    *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web no apartado Protocolos e outros documentos COVID.

    (pequeña)

     

     

    Estaremos a vosa total disposición a través do teléfono 988.218.123, por whastapp no 627.963.883, no correo electrónico amencer@amencer.org ou en persoa preferiblemente en horario de luns a venres de 9.00h a 10.30h ou de 17.20h a 18.00h.

    medidas covid19 (grande)

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU