• Como colaborar co C.U.

    Un ano máis a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha, e xa van 33 edicións, os Campamentos Urbanos Cidade de Ourense. Entre o 3 e o 13 de agosto desenvolveremos de maneira totalmente gratuíta esta actividade na que están convidados a participar todos os ourensáns e ourensás de entre 8 e 16 anos.

    A Asociación Xuvenil Amencer é unha E.S.A.L. (entidade sen ánimo de lucro) e organiza está actividade aberta e gratuíta grazas a colaboración de moitas entidades públicas, empresas privadas e donativos persoais que nos axudan a reducir o déficit desta aventura de verán. O último ano este campamento chegou a casi 1000 participantes e as súas familias, un dato máis que salientable pola repercusión que eso implica nunha cidade como Ourense.

    Este ano e con motivo da COVID19 extremanse todas as precaucións e a actividade levarase a cabo mantendo todas as medidas hixiénico sanitarias correspondentes e cumprindo a lexislación establecida ao respecto. Máis con todo isto, faise máis necesario que nunca levar a cabo esta actividade educativa e social que permita recuperar parte das relacións perdidas neste tempo e comprender dun xeito lúdico e educativo o que estamos a vivir.

    Para colaborar económicamente co Campamento Urbano, pódese facer, ben entregando persoalmente na secretaria do campamento, ou ben facendo un ingreso a nome da Asociación Xuvenil Amencer na conta corrente número ES12 2080 5261 1130 0001 1450, en calquera das oficinas Abanca.

    Tras sermos declarados Entidade de Utilidade Pública, todas aquelas empresas ou particulares que realicedes unha doazón económica teredes importantes beneficios fiscais, sendo un gasto deducible do exercicio económico, simplemente pedindo un certificado de doazón que vos emitiremos dende o centro.

     

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU