• Curso de Monitores de Tempo Libre

     

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas "Escolas de tempo libre". Entre estas, encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO, recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986. Todo o referente a esta titulación está descrito no decreto 50/2000 da Xunta de Galicia. O seguinte é unha síntese deste decreto.

    REQUISITOS:
    Para a matriculación no curso de monitores é mprescindible
    cumprir estes requisitos:
    - Ter máis de 18 anos no comezo do curso.
    - Ter o graduado escolar.


    DESCRICIÓN DO CURSO
    Para a obtención deste título,o alumno/a debe superar dúas fases, descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola.

    PRIMEIRA FASE,chamada teórico-práctica,é a que se corresponde propiamente co curso.
    Ten unha duración de 200 horas, organizadas en 15 xornadas de 10 horas  cada unha e 10 xornadas de 5 horas diarias, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETL dentro das súas competencias.

    SEGUNDA FASE
    correspóndese cun periodo de prácticas,nunha destas dúas modalidades:
    14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias....) en bloques non inferiores a tres días.
    150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

    AVALIACIÓN
    A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos o comezo de cada curso.

     

    COMPLEMENTOS:

    Como complemento ao CMTL ofrecemos en colaboración coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia os certificados de manipulador de alimentos e de prevención de riscos laborais no tempo libre. Estes son dous cursos oficiais.

     

    DATAS:

     

     

    • Abril: 25-26.
    • Maio: 1-2-3, 9-10,16-17 e 30-31.
    • Xuño*:  Do 6 ao 19.

    HORARIO:

    En horario de 09.00h-14.00h e 16.00h-21.00h

    * En Xuño, de luns a venres só en horario de 16:00h-21:00h

     

    PREZO:

    250€

     

    INSCRICIÓN:

    • Modalidade telemática: cubrindo o formulario na seguinte ligazón
    • Modalidade presencial: nos locais de Amencer (praza Don Bosco, 1)
    Aquí atoparás o tríptico coa información.

     

    Para máis información: no correo electrónico amencer@amencer.org ou no teléfono 988.218.123


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU