• Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5 6

    oq20 (grande)

     

     

     

    Curso de Monitores de Tempo Libre

    cmtl (pequeña)

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    ief (pequeña)

     

    Aberto o prazo de inscrición para os  grupos do IEF: Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado! Preme aquí para saber máis!

    Tardes Abertas

    tardes abertas (pequeña)

     

    Tardes cheas de actividades de luns a venres de 17.30h a 19.30h para nenos/as de 4ºEI a 6ºEP, preme aquí para máis información!

     

    Xuntanza Anual Amencer

    Xuntanza anual (pequeña)

     

    Estamos xa no inicio de un novo curso escolar e como todos os anos teremos a nosa Xuntanza Anual de Programación. O vindeiro venres 18 de setembro encontraremos para soñar, ilusionar e contruir este novo curso. Xa podes anotarte en Amencer ou a través deste enlace

    Tempo de troula

    tdt (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 10 ao 30 de setembro polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    Alternativa ao campamento ADS

    LOGO ADS (pequeña)

     

    Este sábado 11 de xullo teremos a derradeira actividade de ADS deste curso. Esta data non foi escollida ao azar, seón porque a estas alturas estaríamos no campamento ADS en Cambados, e por iso queremos facer algo especial nesta fin de semana. Anímate a participar!

    Festa do Pano

    Festa do Pano2020 (pequeña)

     

    Un ano máis chega unha das actividades máis importantes que temos ao longo de todo o ano,a Festa do Pano! O próximo sábado 27 de xuño  reunirémonos os grupos de Saltimbanquis, Andaina e ADS para festexar que somos un itinerario e facer entrega dos símbolos dos grupos. Tamén convidamos as familias a que nos acompañen e a disfrutar connosco! 

    Cacharelas2020 (pequeña)

     

    O próximo martes 23 de xuño teremos a nosa festa das cacharelas de San Xoán. Será entre as 22:00 e as 00:00 h, e teremos churrasco e sardiñas para cear. Apúntate no seguinte formulario para participar!

    NESTE VERÁN MÁIS QUE NUNCA!

    mdvnUEVO (pequeña)

     

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral.

    Comunicado oficial da cancelación dos campamentos de verán con pernocta do IEF (Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado) 

    Maios 2020

     

    maio 3 (pequeña)

     

     

    O primeiro domingo de maio é un día de festa, alegría e música nas rúas... Esta vez non podemos facelo alí pero a festa a montamos onde sexa, esta vez NA CASA!

     

    Páxinas: 1 2 3 4 5 6


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU