• Noticias

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XIV Mañás de Verán, actividades para rapaces e rapazas no verán

    As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres, do 24 ao 28 de xuño a primeira semana, do 1 ao 5 de xullo a segunda semana, do 8 ao 12 de xullo a terceira semana e do 15 ao 19 de xullo a cuarta semana.

    O horario de mañá será desde as 10:00h. ata as 13:30h. dentro das instalacións de salesianos. Os días de piscina e saída serán ata as 13.30h. e o último día, a velada durará ata ás 18:00h.

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Infantil, ata 2º da ESO (incluídos).

    MV_logo (pequeña)Enquisa avaliativa


    Descarga os avisos de Mañás de Verán

    Descarga aquí a túa inscripción 

    Descarga aquí o teu díptico

    Tempo de troula

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 3 ao 21 de xuño polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    O horario será desde as 15:30h. ata as 17:30h. (dispoñibilidade de quedar antes das 15.30h ou quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer)  nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Sala Aberta, Xan 

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquera colexio de Ourense.

     

    Presentámosche a oferta ocio-educativa de campamentos que temos este verán en Amencer

    Este é o resumo dos campamentos dispoñibles:

    O vindeiro venres día 15 de xullo saíran de Ourense:

    -09.30: Saída ADS de Ourense e teñen que levar bocata para comer

    -15.00: Saída ANDAINA de Ourense xa comidos

    Chegadas:

    -14.00: Chegada Iniciación e Catecumenado a Ourense.

     

    AVISOS ÚLTIMA HORA MAÑÁS DE VERÁN:
    Por mor das predicións meteorolóxicas de tormentas para mañá, saída programada a piscina pasa ao Venres 8, polo tanto Mañá non temos piscina en Mañás de Verán.

    Infantil terá: Animación á lectura e xogos
    Primaria: XIncana de Auga e cine.

    Un saúdo
    Graciñas!

    O próximo mércores 25 de maio teremos unha reunión informativa para as familias dos rapaces participantes en Saltimbanquis, Andaina, ADS e Grupos Xuvenís. Explicaremos os campamentos de verán onde van a participar os rapaces. Agardámoste!


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU