A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral. |
|||||||||||||||||||||||||||||
Benqueridas familias:
A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XV Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral.
A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade. As principais novidades son as seguintes:
PROGRAMACIÓN E AVISOS: Neste documento teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web. PROGRAMACIÓN DE MAÑÁS DE VERÁN 2020
ENQUISA AVALIATIVA: Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Verán, por iso gustaríanos que cubrirades esta equisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter. PREME AQUÍ PARA ACCEDER A ENQUISA DE MAÑÁS DE VERÁN 2020
DATAS E HORARIOS: As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora, e como novidade este ano durante cinco semanas dos meses de xuño e xullo.
* As datas son provisionais, á espera das directrices que marquen as autoridades competentes Este ano de forma excepcional e por seguridade, non poderemos contar cos servizos opcionais de gardería tanto de mañá como de mediodía, por iso o horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas. Haberá unha reunión martes 16 de xuño ás 18h e outra ás 20h para todos os pais/nais dos rapaces/zas inscritos para informarvos sobre o desenvolvemento, organización e avisos das actividades.
COTAS: O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer ou do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ ou 7€, respectivamente.
Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.
INSCRICIÓNS: Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive. É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior. As inscricións realizaranse de forma online dende o mércores 3 de xuño. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9h á 14h. En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 18 de xuño. Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión. A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte. *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web proximamente. AMPLIACIÓNS: Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O custe de ampliación por semana é de 30€. O proceso para formalizar a ampliación será o seguinte:
NOVAS INSCRICIÓNS PARA AS VINDEIRAS SEMANAS PRAZO ABERTO DE LUNS A XOVES (ATA ÁS 14H)
Estaremos a vosa total disposición a través do teléfono 988.218.123 , por whastapp 627.963.883 ou do correo electrónico amencer@amencer.org
|
XV Mañás de Verán
publicado en: Novas