![](https://amencer.org/wp-content/uploads/2021/05/campamentos_2021_1_gal_2-1024x724.jpg)
Xa está aberto o prazo de preinscrición para os campamentos de verán de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Iniciación e Catecumenado.
Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.
A continuación detallamos o proceso de inscrición:
- Xa podedes preinscribiros aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado (até o 31 de maio) a través do seguinte formulario web.
- Xunto coa preinscrición pagarase a través de transferencia bancaria ou por TPV unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis, 3º Catecumenado e PostCate que será de 15€.
- A partir do 1 de xuño formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
- A partir do 31 de maio en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.
Comunicarvos tamén que o vindeiro mércores 19 de maio, ás 20:00h na Teatro do colexio salesiano, teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2021, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que podades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e podades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.
Para calquera dúbida podedes consultar en Amencer ou aos responsables dos distintos grupos. Sen máis, e animando a que podades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.