Home » Novas » Evento solidario e-sports

Evento solidario e-sports

publicado en: Novas

Continúan os eventos solidarios a favor da Operación Quilo organizados pola Federación de Centros Xuveniles Don Bosco de Galicia, xunto ca Asociación Xuvenil Amencer e o equipo de esports Kings Dragon. Defendemos un ocio dixital educativo, e creemos que a solidariedade é un punto importante a fomentar. Por iso creamos unha serie de eventos a favor da campaña de recollida de alimentos e productos de hixiene, sendo a próxima actividade a tarde do sábado 11 de decembro en Ourense no Centro Xuvenil Amencer (Praza Don Bosco 1, Baixo).

O evento solidario será aberto para todas as persoas que se queiran achegar, e tan só haberá que colaborar con 1 QUILO de alimentos de primeira necesidade que será destinado para a Operación Quilo.

Queremos facer un evento o máis aberto posible, tanto para xogadores/as, coma para familias, ou persoas que queiran saber un pouco máis sobre o panorama competitivo; por iso, faremos unha pequena charla sobre os conceptos do xogo ou cómo xogar, e logo algúns dos mellores xogadores de Galicia farán unha exhibición mentres haberá un espazo de xogo libre onde se poidan poñer en práctica os conceptos adquiridos. Remataremos cun Torneo Aberto (a inscripción pechase o sábado 11 as 16:00) que puntuará para a competición Dragon Smash tan só por participar.

O horario do evento será:
15:00 – Benvida
15:30 – Iniciación ao Smash Bros Ultimate
16:00 – Evento principal e xogo libre.
16:30 – Torneo Aberto.

Vide a apoiar a Operación Quilo dunha forma diferente!

Esperamos contar con todos e todas vós!