Home » Novas » IX Mañás de Semana Santa

IX Mañás de Semana Santa

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Semana Santa! Un proxecto pensado para facilitar á conciliación familiar-laboral que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade. Por iso teremos dous campamentos independentes:


PROGRAMACIÓN E AVISOS

  • Priorizarase as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía.
  • Recomendamos que os nenos/as traian unha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga co seu nome.

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Semana Santa realizaranse o luns 29, martes 30, mércores 31 de marzo e o luns 5 de abril, dentro das instalación do colexio salesiano.

Este ano, de forma excepcional e por seguridade, non poderemos contar cos servizos opcionais de gardería tanto de mañá como de mediodía, por iso Mañás de Semana Santa durará 5 horas diarias de 9.00h a 14.00h. O horario das actividades será de 10.00h a 13.30h e os períodos para as entradas e saídas serán de 9.00h-10.00h e de 13.30h a 14.00h, respectivamente, e con oferta de actividades durante ese período.

NOVIDADES COVID-19

En todo momento rexerémonos polo noso protocolo de actuación con medidas específicas, que teredes dispoñible no apartado de TRANSPARENCIA, ao igual que o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil (Declaración responsable), que será preciso entregar asinado o primeiro día de actividade.

  • As prazas limitaranse a normativa vixente
  • O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos .Os grupos formaranse, segundo o que indiquen as restricións vixentes.

COTA

O prezo será de 12€/día, no caso de coller os catro días a cota será de 45€ .O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual.

O pago pode realizarse preferiblemente por tarxeta (nas nosas oficinas) ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4ºEI ata 6ºEI no caso de MdSS Infantil e de 1ºEP ata 6ºEP no caso de MdSS Primaria.

As inscricións  realizaranse de forma online. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00h a 14.00h.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 26 de marzo ás 14.00h

PERÍODO DE INSCRICIÓN PECHADO, CONSULTAR EN AMENCER SOBRE PRAZAS LIBRE