Home » Novas » COMPARSA 2022

COMPARSA 2022

publicado en: Novas

Poñémonos en contacto convosco para informarvos da actividade na que queremos participar de novo este ano. Trátase do desfile de comparsas que organiza o Concello de Ourense con motivo da Festa do Entroido 2022. Desfilaremos o domingo, día 27 de febreiro pola tarde nas rúas de Ourense, e tamén desfilaremos na Valenzá o martes 1 de marzo tamén pola tarde.

A nosa proposta, coma en anos anteriores, para todos os nenos/as, mozos/as e pais e nais é participar facendo unha comparsa. Desta maneira todos os nenos/as e mozos/as que o desexen poderán participar nela disfrazados. Todos terán que vir xa disfrazados (a temática é “Trogloditas”).

            Por suposto, en todo momento os nenos/as e mozos/as irán acompañados de animadores/as adultos que serán os que se responsabilicen da comparsa. Os nenos/as de infantil deberán de ir acompañados dun adulto.

Este ano como novidade e debido á situación Covid-19, a inscrición deberá facerse online e ademais os disfraces non se confeccionarán en Amencer, senon que cada participante se ocupará de seu disfraz seguindo as instruccións

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS SERÁ O LUNS 21 DE FEBREIRO

INSTRUCCIONES PARA EL DISFRAZ

TELAS

Comprárase segundo modelo na tenda Josbeltex (adxuntar foto).

Indicar na mesma que se ven de AMENCER.

CONFECCIÓN

Tratase de un disfraz sinxelo, accesible para todo o mundo. Adxuntamos varios modelos, cadaquén pode elexir o modelo que prefira.

*O máis importante é que todos os disfraces leven a mesma tela.

ROUPA PARA DEBAIXO DO DISFRAZ

Xersei ou camiseta negra e mallas ou pantalóns negros.

Calzado oscuro con posibilidad de recubrilo con peles.

ACCESORIOS

Cada un levará os accesorio que queira, como pode ser osos, peles, etc. Sempre acorde coa temática.

Adxuntamos enlaces de diferentes opción (é meramente informativo, cada un pode levar o que queira e mercalo onde queira):

https://www.funidelia.es/search?query=hueso+troglodita

https://www.impulsivos.es/buscar.htm?keyword=huesos+troglodita

https://www.dondisfraz.com/catalogsearch/result/?q=hueso+troglodita

MASCARILLA

Preferiblemente, levar mascarilla beige coma na foto adxunta, e se non é posible que sexa branca.

PEITEADO E MAQUILLAXE

O pelo moi cardado, solto o recollido, con posibilidade de complementos, por exemplo osos.

O maqullaxe que sea de pel oscura con pequeñas manchas o raias marróns ou negras.