Home » Novas » FESTA DO PANO CARBALLIÑO 2022

FESTA DO PANO CARBALLIÑO 2022

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Un ano máis chega unha das actividades máis importantes para todos os que formamos os grupos do itinerario (Saltimbanquis, Andaina e ADS). Trátase da “Festa do Pano”, que celebraremos os días 14 e 15 de maio.

Este ano realizarase na vila do Carballiño, comezaremos o sábado pola mañá e cada rapaz/a deberá levar roupa cómoda, muda, útiles de aseo, saco de durmir, gorra de sol ou chubasqueiro (dependendo do tempo), traxe de baño, toalla, gorro e chanclas para a piscina. Tamén é moi importante levar os símbolos de cada movemento. Pedímosvos que o xantar e merenda do sábado vaia nunha mochila aparte coas cousas da piscina.

Gustaríanos que o domingo compartades connosco e cos vosos fillos, un dos momentos máis importantes do curso, a imposición de símbolos. Teremos xogos, concurso de postres e a Eucaristía de imposición, para rematar coa comida. Detrás aparecen os horarios destas actividades.

Para o xantar compartido do domingo, Amencer invitaravos ao café e á sobremesa. Cada familia traerá a súa comida e a do seu fillo/a para poder compartir. Por tema organizativo pedímosvos que na autorización indiquedes cantas persoas ides participar e a que actividades. As familias que non poidades subir o domingo non vos preocupedes, pois encargámonos nós dos vosos fillos.

A saída será o sábado 14 de maio ás 11.00 h. desde Amencer e o regreso será o domingo 15 de maio, contra as 16.30 h.

O prezo desta actividade completa será de 30€. Este prezo inclúe os desprazamentos en bus, cea do sábado, durmida en Carballiño, almorzo e comida do domingo. Para outro tipo de participación preguntade en Amencer. LEMBRADE QUE O TEMA ECONÓMICO NON SEXA UN IMPEDIMENTO PARA PARTICIPAR, FALADE CON NÓS.

Data limite de inscrción o DOMINGO 8 DE MAIO

HORARIO SÁBADO 14:

11.00: Saída dos autobuses cara Carballiño

HORARIO DOMINGO 15:

10:30 Acollida ás familias dos rapaces/zas

11.00 Actividade coas familias (traer roupa cómoda para xogar cos vosos fillos)

12.30 Eucaristía na igraxa da Veracruz

14.00 Xantar compartido na Residencia de Tempo Libre do Carballiño

16:00 Regreso a Ourense