Home » Novas » Magosoto Infantil 19/11/22

Magosoto Infantil 19/11/22

publicado en: Novas
As animadoras e os animadores de Trisquel da Asociación Xuvenil AMENCER poñémonos en contacto convosco para informarvos da saída conxunta que vai ter lugar o sábado 19 de novembro con motivo da festa dos Magostos.
O lugar escollido son os patios do Seminario Maior, a onde iremos andando e pasaremos todo el día.
SAÍDA: será a las 11:15 h. do pórtico do colexio salesiano
REGRESO: ás 18:00 h. (todos os grupos)
Cadaquén debe levar a súa comida, bebida,… tamén roupa de abrigo, calzado cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Ao facer lume quen o desexe pode traer un anaco de pan e un chourizo para asar e castañas xa picadas.