Home » Novas » MAÑÁS DE ENTROIDO

MAÑÁS DE ENTROIDO

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Entroido! Un proxecto pensado para facilitar á conciliación familiar-laboral que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade.

PROGRAMACIÓN E AVISOS:

O Entroido, é unha festa que caracterízase por fomentar a fantasía e creatividade da xente creemos que é imprescindible achegar os/as nenos/as a esta festividade para potenciar dende moi pequenos a súa imaxinación, transformándonos en personaxes a través de teas, disfraces e maquillaxe. Por iso todas as actividades que se levarán a cabo nestes tres días serán centrados na cultura do Entroido.

Para ter en conta:

  • Priorizarase as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía
  • Recomendamos que os nenos/as traian unha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga co seu nome.
  • Os nenos/as que o desexen poderán vir disfrazados ou caracterizados as actividades, pero evitando complementos.

DATAS E HORARIOS:

As actividades de Mañás de Entroido realizaranse o luns 28 de febreiro e o mércores 2 de marzo dentro das instalación do colexio salesiano.

Este ano continuaremos co novo horario que implantamos o ano pasado. O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h., con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata ás 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14.00h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas, e con oferta de actividades durante ese período.

Ademais, ofertamos o servizo de comedor dende as 14.00h ata as 15.15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha friameira que poidan consumir de modo individual.

COTAS:

O prezo será de 12€/día. O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual.

O prezo de servicio de comedor será de 2€/día, a maiores do prezo da cota

O pago pode realizarse en efectivo ou con tarxeta nas nosas oficinas, ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS:

Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º de ESO, ambos inclusive.

As inscricións  realizaranse de forma online dende o martes 8 de febreiro.  En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00h a 14.00h.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 25 de febreiro ás 14.00h.

ENQUISA AVALIATIVA:

Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Entroido, por iso gustaríanos que antes de rematar o proxecto cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER A ENQUISA DE MAÑÁS DE ENTROIDO 2022