Un ano máis poñemos de novo en marcha as XV Mañás de Nadal! Un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
- Mañás de Nadal Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5ºEI e 6ªEI
- Mañás de Nadal Primaria/Secundaria para rapaces/zas de 1ºEP a 2ºESO
PROGRAMACIÓN E AVISOS:
As actividades que se levarán a cabo irán dende obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, deportes, pista de xeo, visita de Papa Noel e Reis Magos…
No seguinte enlace teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web.
Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.
As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademáis contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.
DATAS E HORARIOS:
As actividades de Mañás de Nadal realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora
O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h.
Volveremos a ofertar o servizo de gardería-comedor dende ás 14h ata ás 15.15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha friameira que poidan consumir de modo individual.
- 1º semana, 23 de decembro (1 días)
- 2º semana, do 26 ao 30 de decembro (5 días)
- 3º semana, do 2 ao 5 de xaneiro (4 días)
COTAS:
O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e para produtos de desinfección e limpeza. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 7€.
MAÑÁS DE NADAL | ||||
1º semana | 2º semana | 3º semana | Tódolos días | |
Xeral | 15€ | 75€ | 60€ | 125€ |
Socios/as ANPA Mª Auxiliadora | 8€ | 68€ | 53€ | 118€ |
O prezo do servicio de gardería-comedor será (mínimo 10 nenos/as anotados):
- 23 de decembro son 3€
- do 26 ao 30 de decembro son 12€
- do 2 ao 5 de xaneiro son 10€
O pago pode realizarse en efectivo ou con tarxeta nas nosas oficinas na Praza Don Bosco 1, nos baixos do colexio Salesianos, ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)
Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.
INSCRICIÓNS:
Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive.
É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as tres semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas ou tres que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.
As inscricións realizaranse de forma online dende día de subida. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00 a 14.00.
AMPLIACIÓNS:
Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O proceso para formalizar a ampliación será o seguinte:
- Contactar por teléfono coa secretaría de Mañás de Nadal de 9.00-14.00 para consultar as prazas dispoñible
- Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ Nome do participante)
- Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplía, anexando o comprobante bancario da transferencia.
BAIXAS
En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 15 de decembro.
Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión.
A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.
ENQUISA AVALIATIVA:
Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Nadal, por iso gustaríanos que antes de rematar Mañás de Nadal cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.