Home » Novas » Noite Trisquel 2022

Noite Trisquel 2022

publicado en: Novas

o venres, día 18 de marzo, teremos a primeira actividade nocturna conxunta dende 2019 para os rapaces e rapazas dos grupos Trisquel (Saltimbanquis, Andaina e ADS). Queremos que sexa un momento de encontro e diversión, xogando co novidoso desta actividade: algún xogo nocturno e o feito de durmir fóra de casa co resto dos compañeiros e compañeiras, que para moitos será a primeira vez e unha nova experiencia, sobre todo para os máis cativos.

            A actividade comezará o venres día 18 de marzo ás 22:00 da noite, e rematará o sábado 19 ás 9:00 da mañá. Así pois, os rapaces, rapazas e animadores/as quedaremos a durmir nas instalacións do colexio salesiano, onde se desenvolverá toda a actividade nocturna, e darémoslle cacao e galletas antes de durmir . Os rapaces/zas deberán vir xa ceados, e a actividade está pensada para que cadaquén almorce xa na súa casa.

Soamente para os/as rapaces/zas de ADS, a actividade comezará ás 20:00 horasda tarde, tendo que traer a súa cea, pois cearemos na Sala Aberta. O horario de saída será o mesmo que para os demais grupos, ás 9:00 da mañá.

É preciso que TODOS traian saco de durmir, esterilla, roupa para durmir, e todo o preciso para o aseo persoal. Así mesmo, é bo que veñan con roupa cómoda e de abrigo, para poder xogar pola noite. Este ano non teremos a posibilidade de ducharnos nas instalacións. Será obrigatorio o uso de máscara durante os momentos de actividade.

Esta actividade ten un custo de 1€; a entregar no momento de chegada á actividade o propio venres 18.

Sen máis, e animando a que os vosos rapaces/zas participen nesta iniciativa, recibide un agarimoso saúdo.

Animadores/as de Amencer

N.B: Loxicamente, non haberá actividade en horario habitual de Saltimbanquis o venres 18 pola tarde, nin de Andaina e ADS o sábado 19 pola mañá

(é necesario cubrir este formulario online antes do mércores 16 de marzo ás 17:00)