Home » Novas » Inscripción Campamentos IEF de verán

Inscripción Campamentos IEF de verán

publicado en: Novas

Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.

Xa está aberto o período de inscrición que se pechará o 31 de maio, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.

A continuación detallamos o proceso de inscrición:

  • A partir do 1 de marzo e ate o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
  • A partir do 31 de maio en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.

FECHAS,LUGARES E CUOTAS 

·         Saltimbanquis : 24-26 Xuño. Gandarío. ( 85€)

·         Andaina: 3-10 de Xullo. Cambados.( 235€)

·         ADS: 10-17 de Xullo.   Cambados. ( 235€)

·         Iniciación 1y2: 17-24 de Xullo.   Cambados.( 235€)

·         Catecumenado 1y2: 15-22 de Xullo. Sen determinar. ( 235€)

·         3º Catecumenado y Poscate: 26-28 de Xullo. Santiago. ( 75€)

Comunicarvos tamén que o vindeiro XOVES día 9 de xuño, ás 20:00 no Teatro do colexio salesiano, teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2022, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que podades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e podades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.

Para calquera dúbida podedes consultar en Amencer ou aos responsables dos distintos grupos.

Sen máis, e animando a que podades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.                                            

 Animadoras/es Trisquel