Home » Novas » XVII MAÑAS DE VERAN 2022

XVII MAÑAS DE VERAN 2022

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XVII Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral

  •  

·  Mañás de Verán Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5º EI e 6ºEI

·  ·  Mañás de Verán Primaria para rapaces/zas de 1ºEP a 6ºEP

  • ·  Mañás de Verán ESO para mozos/zas de 1º e 2ª ESO

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Verán realizaranse o 23 de xuño, do 27 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 8, do 11 ao 15 e do 18 ao 22 de xullo de luns a venres nas instalacións do colexio salesiano Mª Auxiliadora.

Este ano continuaremos co novo horario que implantamos o ano pasado. O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.

 Volveremos a ofertar o servizo de comedor dende ás 14h ata ás 15.15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha fiameira que poidan consumir de modo individual.

PROGRAMACIÓN E AVISOS

Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademáis contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalación e picinas.

Próximamente teredes dispoñible o programa de actividades no que se inclue que precisan traer os rapaces/zas cada día. Do mesmo xeito, tamén recordamos que a programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os avisos diarios que colocaremos nas entradas e nas redes sociais de Amencer.

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer ou do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ ou 7€, respectivamente. No acumulable.Os prezos son:

Primeiros días:

COTA XERALSOCIOS ANPA María AuxiliadoraSOCIOS AMENCER
23 de xuño15€       8€ 10€

Semanas completas:

COTA XERALSOCIOS ANPA María AuxiliadoraSOCIOS AMENCER
1 semana60€53€55€
2 semanas90€83€85€
3 semanas120€113€115€
4 semanas150€143€145€

Servizo de comedor: 12€/semana (o 23  de xuño son 2.5€)

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto MDV+Nome do participante.
  2. Achegándose as nosas oficinas en Praza Don Bosco 1, baixo para facelo en efectivo ou tarxeta.

NINGÚN NENO/A SEN CAMPAMENTO: Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

As inscricións  realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace, dende o venres 13 de maio ata o 16 de xuño ás 18h.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

AMPLIACIÓNS

Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O custe de ampliación por semana é de 30€. Para formalizar o proceso de preinscrición hai dúas posibilidades:

  1. Online: Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ nome do participante). Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplia, anexando o comprobante bancario da transferencia.
  2. Presencialmente nas nosas oficinas ( de luns a venres entre as 10.00h e as 13.00h) abonando o pago en efectivo ou tarxeta.

BAIXAS 

·  Devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 18 de xuño.

·  Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión.

  • ·  A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.