Home » Novas » Actividades Extraescolares curso 2023-2024

Actividades Extraescolares curso 2023-2024

publicado en: Novas

Outro ano máis dende Amencer poñemos en marcha a nosa proposta de actividades extraescolares para o curso 2023/2024. Dentro da nosa proposta de actividades é preciso saber que:

  • Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria recolleranse nas súas aulas, o resto deberán dirixirse directamente a aula correspondente.
  • No caso de Ed. Infantil e Ed. Primaria teremos un pequeno momento antes de comezar a actividade para que poidan merendar.
  • No caso de que algún rapaz/a non poida asistir a extraescolar, rógase avisar ben ao animador/a da mesma ou ben a través de calquera canle de comunicación de Amencer.
  • A última semana de clase do 1º trimestre non haberá ningunha sesión de extraescolares debido á preparación da Operación Quilo.
  • No caso de non chegar ao número mínimo nalgunha das extraescolares e polo tanto non saír adiante, informarase a máis tardar o 26 de setembro da cancelación da extraescolar e do proceso de devolución da cota.

Deste modo, a nosa proposta de actividades extraescolares é:


INSCRICIÓN

  1. Para poder participar nalgunha destas actividades será preciso cubrir o seguinte formulario de inscrición no cal é obrigatorio adxuntar un xustificante de pago (en caso de dúbida consultar en Amencer).
  2. Amencer dispón de diferentes formas de pago: efectivo, TPV ou transferencia bancaria (Número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Nome da extraescolar+ Nome do participante)
  3. Dispoñemos de dúas modalidades de pago:
    · Pago único: efectuarase no momento da inscrición
    · Pago fraccionado: efectuarase a primeira metade da cota no momento da inscrición e a segunda metade no mes de febreiro.
  4. Se a inscrición realizárase durante o curso escolar, cobrarase a parte proporcional correspondente ao período.

EN CASO DE BAIXA

  • Non se considerará formalizada a baixa ata que non se cubra o correspondente formulario de baixa
  • Devolverase a parte proporcional, tomando como referencia o costo anual da actividade fraccionada en 8 mensualidades
  • Será necesario comunicar a baixa 2 días antes de finalizar o mes, senón cobrarse o seguinte. Exemplo: Se a baixa se produce o 13 de novembro, cobrarase o mes enteiro e devolverase a partir de decembro.