Poñémonos en contacto convosco para informarvos da actividade na que queremos participar de novo este ano. Trátase do desfile de comparsas que organiza o Concello de Ourense con motivo da Festa do Entroido 2023. Desfilaremos o domingo, día 19 de febreiro pola tarde nas rúas de Ourense.
A nosa proposta, coma en anos anteriores, para todos os nenos/as, mozos/as e pais e nais é participar facendo unha comparsa. Desta maneira todos os nenos/as e mozos/as que o desexen poderán participar nela disfrazados. Todos terán que vir xa disfrazados (a temática é “Mimos”).
Por suposto, en todo momento os nenos/as e mozos/as irán acompañados de animadores/as adultos que serán os que se responsabilicen da comparsa. Os nenos/as de infantil deberán de ir acompañados dun adulto.
A inscrición deberá facerse online e ademais os disfraces non se confeccionarán en Amencer, senon que cada participante se ocupará de seu disfraz seguindo as instruccións
A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS SERÁ O MÉRCORES 8 DE FEBREIRO
INSTRUCCIONES PARA EL DISFRAZ
MULLER / NENA
· BOINA VERMELLA
· CAMISETA BRANCA
· TIRANTES VERMELLOS
· LAZADA AO PESCOZO VERMELLA
· TUTÚ NEGRO
· MEDIAS NEGRAS E MEDIA DE RAIAS EN PERNA DEREIRA (ENRIBA DAS NEGRAS)
· CALZADO NEGRO
· GUANTES BRANCOS
· CORAZON NEGRO DE GOMA EVA CON PURPURINA NO TIRANTE ESQUERDO (VER MODELO)
MODELO DISFRAZ MULLER/NENA
HOME / NENO
· BOINA NEGRA
· CAMISA BRANCA
· TIRANTES NEGROS
· PAXARITA VERMELLA
· PANTALÓN NEGRO REMANGADO
· CALCETÍNS BRANCOS
· CALZADO NEGRO
· GUANTES BRANCOS
· CORAZON VERMELLO DE GOMA EVA CON PURPURINA NO TIRANTE ESQUERDO (VER MODELO)
MODELO DISFRAZ HOME/NENO
MAQUILLAXE (TODOS)