Home » Novas » FESTA DO PANO 2024 (ALLARIZ)

FESTA DO PANO 2024 (ALLARIZ)

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Un ano máis chega unha das actividades máis importantes para todos os que formamos os grupos do itinerario (Saltimbanquis, Andaina e ADS). Trátase da “Festa do Pano”, que celebraremos os días 13 e 14 de Abril. Como todos os anos, realizarase na vila de Allariz, comezaremos o sábado pola mañá e cada rapaz/a deberá levar, ademais dos símbolos de cada movemento:

Gustaríanos que o domingo compartades connosco e cos vosos fillos, un dos momentos máis importantes do curso, a imposición de símbolos. Teremos xogos, partido pais contra fillos, concurso de postres e a Eucaristía de imposición, para rematar coa comida compartida. Para o xantar compartido do domingo, Amencer invitaravos ao café e á sobremesa. Cada familia traerá a súa comida e a do seu fillo/a para poder compartir. Por tema organizativo pedímosvos que na inscrición indiquedes cantas persoas ides participar. As familias que non poidades subir o domingo non vos preocupedes, pois encargámonos nós dos vosos fillos.

A saída será o sábado 13 de abril ás 10.30 h. desde Amencer e o regreso será o domingo 14 de abril, contra ás 16.00 h.

O prezo desta actividade completa será de 43€ (co carné renovado). Este prezo inclúe os desprazamentos en bus, entrada á piscina, cea do sábado, durmida en Allariz, almorzo e comida do domingo. Para outro tipo de participación preguntade en Amencer. LEMBRADE QUE O TEMA ECONÓMICO NON SEXA UN IMPEDIMENTO PARA PARTICIPAR, FALADE CON NÓS

PRAZO DE INSCRCIÓN ATA O MÉRCORES 10 DE ABRIL