Home » Novas » VOLUNTARI@S CAMPAMENTO URBANO 2024

VOLUNTARI@S CAMPAMENTO URBANO 2024

publicado en: Novas

Anótate como voluntari@ do Campamento Urbano! Se estás dispoñible os días 31 de xullo e do día 1 ao día 13 de agosto, anímate a participar. Levamos 37 anos disfrutando dun campamento *totalmente gratuito* para os nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. Esto soamente foi posible grazas a persoas voluntarias coma ti. Apúntate a formar parte desta experiencia de voluntariado: comparte tempo e espazo cos máis cativos e cativas da cidade; convive con outros animadores e animadoras voluntarios; disfruta das festas, convivencias, tempo libre… e moito máis! Benvid@ ao noso caos organizado!!

  

Xoves 1: Día da Benvida

Venres 1: Día da Cultura Urbana

Luns 5: Día dos Deportes

Martes 6: Día da Natureza *

Mércores 7: Día da Boa Xente

Xoves 8: Día DA Xuntanza/Praia**

Venres 9: Día do Entroido por barrios / Noite dos pequenos*

Luns 12: Día da Auga* e Despedida para 15 e 16 anos***

Martes 13: Día da Despedida

* De 10.30 a 19.30 (precisa autorización)

** De 9.30 a 19.30 (precisa autorización)

*** De 16.30 a 00.00 (precisa autorización)

Haberá saídas cada día que se indicarán oportunamente