Home » Novas » XI Tempos de Troula Xuño 2023

XI Tempos de Troula Xuño 2023

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño, Tempo de Troula. Dende o 1 ao 21 de xuño polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo. Outro dos nosos obxectivos é facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa vosa vida familiar.

HORARIOS E DATAS

As actividades da XI edición de Tempo de Troula Xuño realizaranse de luns a venres dende o 1 de xuño ata o derradeiro día do curso escolar, o 21 de xuño. O horario  das actividades será dende ás 15:00h ata ás 17:30h (dispoñibilidade de quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer) nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer e nos xardíns do colexio salesiano.

Os nenos e nenas que queden a comer no comedor do colexio salesiano, poderemos recollelos ás 15:00h, para levalos directamente á actividade.

DESTINATARIOS

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquer colexio de Ourense.

Recomendamos a todos os participantes que traian unha gorra e unha botella de auga (se é posible con nome).

PROGRAMACIÓN

Priorizarase a realización de tódalas actividades ao aire libre. Algunhas das actividades que se levarán a cabo serán obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, ciencia divertida, xincanas musicais, deportivas…

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de material, animadores/as, uso de instalacións, etc. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe. Os rapaces do ANPA de Salesianos terán 7€ de desconto a maiores sobre o total.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as en toda á actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes.

TEMPO DE TROULA XUÑO 2023
1 e 2 de xuñodo 5 ao 9 de xuñodo 12 ao 16 de xuñodo 19 ao 21 de xuñoTódolos días
Xeral14€35€35€21€95€
Socios/as ANPA Mª Auxiliadora7€28€28€14€88€

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse de forma online ata o 26 de maio, no enlace que aparece a continuación. En caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición contactar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9:00h a 14:00h, para poder realizala presencialmente nas nosas instalacións.