Home » Novas » COMPARSA ENTROIDO 2024

COMPARSA ENTROIDO 2024

publicado en: Novas

PAPAGAIOS

Poñémonos en contacto convosco para informarvos da actividade na que queremos participar de novo este ano. Trátase do desfile de comparsas que organiza o Concello de Ourense con motivo da Festa do Entroido 2024. Desfilaremos o domingo, día 11 de febreiro pola tarde nas rúas de Ourense.

A nosa proposta, coma en anos anteriores, para todos os nenos/as, mozos/as e pais e nais é participar facendo unha comparsa. Desta maneira todos os nenos/as e mozos/as que o desexen poderán participar nela disfrazados. Todos terán que vir xa disfrazados (a temática é “PAPAGAIOS”).

Por suposto, en todo momento os nenos/as e mozos/as irán acompañados de animadores/as adultos que serán os que se responsabilicen da comparsa. Os nenos/as de infantil deberán de ir acompañados dun adulto.

Os disfraces serán confeccionados por voluntarios/as da Asociación e todo aquel queira participar. O prezo de cada disfraz é de 20€ (disfraz rematado), dos cales 10€ se deberán aboar no momento de realizar a inscrición e o resto no momento de recollida. O día de recollida de disfraces é o xoves 8 de febreiro en horario de tarde (entre as 15.30 e as 19.30h).

NON SE RECOLLERÁN INSCRICIÓNS A PARTIR DO LUNS 28 DE XANEIRO