Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.
Xa está aberto o período de inscrición que se pechará o 31 de maio, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.
A continuación detallamos o proceso de inscrición:
- A partir do 23 de marzo e ate o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres. (Contactar conosco antes de anotarse)
- A partir do 31 de maio en caso de baixa non se devolve o diñeiro da inscrición.
FECHAS,LUGARES E CUOTAS
· Saltimbanquis : 28 o 30 de xuño. Cambados. ( 90€)
· Andaina: 30 de xuño o 7 de Xullo. Cambados.( 250€)
· ADS: 7 o 14 de Xullo. Cambados. ( 250€)
· Adolescentes I e II: 14 o 21 de Xullo. Cambados.( 250€)
· Xuventude I e II: 21 0 28 de Xullo. Cambados. ( 250€)
Comunicarvos tamén que teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2024, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que podades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e podades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.
Para calquera dúbida podedes consultar en Amencer ou aos responsables dos distintos grupos.
Sen máis, e animando a que podades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.
Animadoras/es Trisquel