Un ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Entroido! Un proxecto pensado para facilitar á conciliación familiar-laboral que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.
PROGRAMACIÓN E AVISOS:
O Entroido, é unha festa que caracterízase por fomentar a fantasía e creatividade da xente creemos que é imprescindible achegar os/as nenos/as a esta festividade para potenciar dende moi pequenos a súa imaxinación, transformándonos en personaxes a través de teas, disfraces e maquillaxe. Por iso todas as actividades que se levarán a cabo nestes tres días serán centrados na cultura do Entroido.
Para ter en conta:
- Priorizarase as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía
- Recomendamos que os nenos/as traian unha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga co seu nome.
- Os nenos/as que o desexen poderán vir disfrazados ou caracterizados as actividades, pero evitando complementos.
DATAS E HORARIOS:
As actividades de Mañás de Entroido realizaranse o luns 12 e mércores 14 de febreiro dentro das instalación do colexio salesiano.
O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h., con apertura de portas pola mañá dende ás 9.00h ata ás 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14.00h.
Como novidade, ofertamos o servizo de madrugadores dende ás 7.45h ata ás 9.00h.
Ademais, ofertamos o servizo de mediodía dende as 14.00h ata as 15.15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha friameira que poidan consumir de modo individual.
COTAS:
O prezo será de 15€/día. O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual.
O prezo do servizo de madrugadores será de 2,5€/día, a maiores do prezo de cota
O prezo de servizo de mediodía será de 2,5€/día, a maiores do prezo da cota.
O pago pode realizarse en efectivo ou con tarxeta nas nosas oficinas, ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)
Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.
INSCRICIÓNS:
Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º de ESO, ambos inclusive.
As inscricións realizaranse de forma online dende o xoves 11 de xaneiro. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00h a 14.00h.
En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 8 de febreiro ás 14.00h.
ENQUISA AVALIATIVA:
Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Entroido, por iso gustaríanos que antes de rematar o proxecto cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.