Home » Novas » XII MAÑÁS DE SEMANA SANTA

XII MAÑÁS DE SEMANA SANTA

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Semana Santa! Un proxecto pensado para facilitar á conciliación familiar-laboral que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

PROGRAMACIÓN E AVISOS:

  • Priorizarase as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía
  • Recomendamos que os nenos/as traian unha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga co seu nome.

DATAS E HORARIOS:

As actividades de Mañás de Semana Santa realizaranse o luns 25, martes 26, mércores 27 de marzo e o luns 1 de abril, dentro das instalación do colexio salesiano.

O horario será de 9:00h a 14:00h. O horario das actividades será de 9:30h a 13:30h., con apertura de portas pola mañá dende as 9:00h ata as 9:30h, e ao mediodía dende as 13:30h ata as 14.00h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas, e con oferta de actividades durante ese período.

Como novidade, ofertamos o servizo de madrugadores desde as 7:45h ata as 9:00h

Ademais, ofertamos o servizo de mediodía dende as 14:00h ata as 15:15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha friameira que poidan consumir de modo individual.

COTAS:

O prezo será de 15€/día, no caso de coller os catro días a cota será de 55€ .O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións…

Os socios do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora contarán cun desconto de 7€.

O prezo do servizo de madrugadores será de 2,5€/día, a maiores do prezo da cota.

O prezo do servizo de mediodía será de 2,5€/día, a maiores do prezo da cota.

O pago pode realizarse en efectivo ou por tarxeta (nas nosas oficinas) ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS:

Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º de ESO, ambos inclusive.

As inscricións realizaranse de forma online.  En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9:00h a 14:00h.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 21 de marzo ás 14:00h.

(pequeña)

ENQUISA AVALIATIVA:

Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Semana Santa, por iso gustaríanos que antes de rematar o proxecto cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.