Home » Novas » XVII MAÑAS DE NADAL 2024

XVII MAÑAS DE NADAL 2024

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha as XVII Mañás de Nadal! Un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

  • Mañás de Nadal Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5ºEI e 6ªEI
  • Mañás de Nadal Primaria/Secundaria para rapaces/zas de 1ºEP a 2ºESO

PROGRAMACIÓN E AVISOS:

As actividades que se levarán a cabo irán dende obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, deportes, pista de xeo, visita de Papa Noel e Reis Magos…

No seguinte enlace teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web.

Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademais contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.

(ENLACE PROGRAMACIÓNS DE MAÑAS)

DATAS E HORARIOS:

As actividades de Mañás de Nadalrealizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora

O horario das actividades será de 9:30h a 13:30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 9:00h ata 9:30h, e ao mediodía dende ás 13:30h ata ás 14:00h.

Volveremos a ofertar o servicio de madrugadores dende ás 7:45h ata ás 9:00h.

E tamén o servizo de mediodía dende ás 14:00h ata ás 15:15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha friameira que poidan consumir de modo individual.

  • 1º semana, do 23 ao 27 de decembro (4 días)
  • 2º semana, do 30 de decembro ao 2 de xaneiro (4 días)
  • 3º semana, 7 de xaneiro (1 días)

COTAS:

O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, etc.

A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer e/ou do ANPA do Colexio Salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ e/ou 7€, respectivamente. Ademais, tamén haberá un desconto por irmán de 5€.

MAÑÁS DE NADAL
 1º semana2º semana3º semanaTódolos días
XERAL60€60€15€115€
Socios/as ANPA Mª AUXILIADORA53€53€8€108€
Socios/as AMENCER55€55€10€110€

O prezo do servicio de madrugadores será (mínimo 10 nenos/as anotados):

  • do 23 ao 27 de decembro son 10€
  • do 30 de decembro ao 2 de xaneiro son 10€
  • 7 de xaneiro son 3€

O prezo do servicio de mediodía será (mínimo 10 nenos/as anotados):

  • do 23 ao 27 de decembro son 10€
  • do 30 de decembro ao 2 de xaneiro son 10€
  • 7 de xaneiro son 3€

O pago pode realizarse en efectivo ou con tarxeta nas nosas oficinas na Praza Don Bosco 1, nos baixos do colexio Salesianos, ou por transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA)

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS:

Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as ás tres semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas ou tres que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

As inscricións realizaranse de forma online dende día de subida. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9:00 a 14:00.

AMPLIACIÓNS:

As ampliacións realizaranse de forma online, a través da seguinte ligazón.

Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14:00h. O custe de ampliación por semana é de 50€.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Online: Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (ABANCA) co concepto (Ampliación MDN + nome do participante).
  2. Presencialmente nas nosas oficinas (de luns a venres entre al 9:00h e as 14h) abonando o pago en efectivo ou tarxeta.
  3. Para formalizar o proceso de ampliación é preciso cubrir o seguinte formulario. *Non se levará a cabo ningunha ampliación feita por outra vía (telóefono, e-mail,…)

BAIXAS

As baixas realizaranse de forma online, a través da seguinte ligazón.

  • Devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 15 de decembro.
  • Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolveranse o 50% da totalidade polos gastos de xestión.
  • A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte

*Non se levará a cabo ningunha baixa feita por outra vía (teléfono, e-mail,…)

ENQUISA AVALIATIVA: Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Nadal, por iso gustaríanos que antes de rematar Mañás de Nadal cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos te