Home » Novas » Actividades Extraescolares curso 2025-2026

Actividades Extraescolares curso 2025-2026

publicado en: Novas

Outro ano máis dende Amencer poñemos en marcha a nosa proposta de actividades extraescolares para o curso 2025/2026. Dentro da nosa proposta de actividades é preciso saber que:

  • Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria recolleranse nas súas aulas, o resto deberán dirixirse directamente a aula correspondente.
  • No caso de Ed. Infantil e Ed. Primaria teremos un pequeno momento antes de comezar a actividade para que poidan merendar.
  • No caso de que algún rapaz/a non poida asistir a extraescolar, rógase avisar ben ao animador/a da mesma ou ben a través de calquera canle de comunicación de Amencer
  • No caso de non chegar ao número mínimo nalgunha das extraescolares e polo tanto non saír adiante, informarase a máis tardar o 25 de setembro da cancelación da extraescolar e do proceso de devolución da cota.

 DESTINATARIOSDÍAHORARIOESPAZOCOTA
XOGANDO CO INGLÉSEd. InfantilMércores17.30 a 18.30Biblioteca Amencer120€/ano
MÚSICA E MOVEMENTOEd. InfantilVenres17.30 a 18.30Aula psicomotricidade120€/ano
CIENCIA DIVERTIDAEd. Infantil
Ed. primaria
Luns17.30 a 18.30Laboratorios secundaria120€/ano
COCIÑA DIVERTIDAEd. Infantil Ed. PrimariaXoves17.30 a 19.00Comedor do pórtico175€/ano
OBRADOIRO DE GUITARRAEd. Primaria e ESOMércores17.30 a 19.00Aula música Primaria175€/ano
INICIACIÓN AO TEATROEd. Primaria e ESOMartes17.30 a 19.00Teatro175€/ano
CLUB DE LECTURAESO, Bacharelato e Familias1 día ao mes (a convir)1 hora ao mes (a convir)Biblioteca AmencerGratuíto

Deste modo, a nosa proposta de actividades extraescolares é:

XOGANDO CO INGLÉS

Actividade onde os máis pequenos, a través do xogo, achegaranse ao idioma dun xeito lúdico.

ED. INFANTIL.
Mércores de 17:30h a 18:30h. Biblioteca Amencer.
Prezo: 120€/ano.

MÚSICA E MOVEMENTO

Actividade onde os máis pequenos descobren a íntima unión entre a linguaxe, a voz, o movemento e a música e como todos eles teñen unha raíz común que é o seu corpo.

ED. INFANTIL.
Venres de 17:30h a 18:30h. Aula de Psicomotricidade.
Prezo: 120€/ano.

CIENCIA DIVERTIDA

Achegar aos máis cativos ao mundo da ciencia través de experimentos que eles mesmos poderán facer, sempre dirixidos por un animador/a dunha forma lúdica e educativa.

ED. INFANTIL E PRIMARIA.
Luns de 17:30h a 18:30h. Laboratorio de Secundaria.
Prezo: 120€/ano.

COCIÑA DIVERTIDA

Actividade onde os máis pequeno achegaranse ao mundo da cociña a través de pratos divertidos e saudable.

ED. INFANTIL E PRIMARIA.
Xoves de 17:30h a 19:00h. Comedor de Educación Infantil.
Prezo: 175€/ano.

INICIACIÓN AO TEATRO

Os obxectivos desta actividade son, entre outros, que os rapaces e rapazas adquiran coñecementos en relación ao teatro, potenciando as súas habilidades sociais e afectivas e o desenvolvemento corporal e físico a través de distintas dinámicas, exercicios e xogos.

ED. PRIMARIA E ESO.
Martes de 17:30h a 19:00h. Teatro.
Prezo: 175€/ano.

OBRADOIRO DE GUITARRA

O obxectivo da actividade é que os mozos e mozas que participen teñan un achegamento ao instrumento así como perfeccionar a súa técnica.

ED. PRIMARIA E ESO.
Mércores de 17:30h a 19:00h. Aula de Música de Primaria.
Prezo: 175€/ano.

CLUB DE LECTURA

Actividade para promover a lectura entre os mozos e mozas así como as súas familias. A proposta é a lectura dun libro ao mes, previamente escollido entre todos os participantes para comentalo e analizalo de xeito informal no próximo encontro.

ESO, BACHARELATO E ADULTOS.
Haberá unha xuntanza mensual.
Prezo: Gratuíto.


INSCRICIÓN

  1. Para poder participar nalgunha destas actividades será preciso cubrir o seguinte formulario de inscrición no cal é obrigatorio adxuntar un xustificante de pago (en caso de dúbida consultar en Amencer).
  2. Amencer dispón de diferentes formas de pago: efectivo, TPV ou transferencia bancaria (Número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Nome da extraescolar+ Nome do participante)
  3. Dispoñemos de dúas modalidades de pago:
    · Pago único: efectuarase no momento da inscrición
    · Pago fraccionado: efectuarase a primeira metade da cota no momento da inscrición e a segunda metade no mes de febreiro.
  4. Se a inscrición realizárase durante o curso escolar, cobrarase a parte proporcional correspondente ao período.

EN CASO DE BAIXA

  • Non se considerará formalizada a baixa ata que non se cubra o correspondente formulario de baixa
  • Devolverase a parte proporcional, tomando como referencia o costo anual da actividade fraccionada en 8 mensualidades
  • Será necesario comunicar a baixa 2 días antes de finalizar o mes, senón cobrarse o seguinte. Exemplo: Se a baixa se produce o 13 de novembro, cobrarase o mes enteiro e devolverase a partir de decembro.