Un ano máis, e xa van 39, a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha o Campamento Urbano “Cidade de Ourense” entre o 3 -13 de agosto. Baixo o lema “Unha historia con futuro” a rapazada de entre 8 e 16 anos poderán desenvolver de xeito gratuito unha morea de actividades nas dúas primeiras semanas de agosto.
HORARIO
O horario habitual das actividades será partido: POLA MAÑÁ de 10:30h a 13:30h (apertura de portas ás 10:00h) e pola TARDE de 16:30h a 19:30h (apertura de portas ás 16:00h).
OLLO! Os días de saída, xa indicados na programación, serán días completos para todos participantes. o que significa que terán que traer xantar e merenda porque comeremos fóra da casa. Ademáis cada idade poderá ter un día completo extra para a súa idade, polo que haberá que estar atentos/as dos AVISOS que estarán nesta web, nas RRSS (@axamencer) e nos portóns de accesos as intalacións.
ACTIVIDADES
Polas mañás teremos actividades centradas na temática do día, onde cada grupo e idade poderán ir a diferentes espazos da cidade para realizar visitas a entidades tanto públicas como privadas, coñecer espazos de ocio que nos proporciona a cidade…
Polas tardes teremos as nosas TARDES DE URBANO con salas de xogos, ludoteca, tebeoteca, videoteca, animación á lectura, saídas pola cidade, piscina, tardes deportivas, exhibicións, obradoiros, grandes xogos, wii, play, sala de baile, teatro, futbolín, pimpón e moito máis….
APERTURA DE INSCRICIÓN 22 DE XUÑO
PROGRAMACIÓN DÍA A DÍA
1º SEMANA ( 1 AGOSTO)
DÍA DA BENVIDA
Luns 3 de Agosto
de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h
DÍA DA CULTURA URBANA
Martes 4 DE AGOSTO
de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h
DÍA DOS DEPORTES
Mércores 5 DE AGOSTO
de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h
DÍA DA XUNTANZA / PRAIA**
Xoves 6 DE AGOSTO
de 09:30h a 19:30h**
*CON AUTORIZACIÓN
DÍA DO ENTROIDO POR BARRIOS
VENRES 7 DE AGOSTO
de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h
NOITE DOS PEQUENOS
( 8 a 11 ANOS)****
VENRES 7 DE AGOSTO
de 22:00h a 09:00h
*CON AUTORIZACIÓN
2º SEMANA (do 10 ao 13 de agosto)
DÍA DA PROVINCIA
LUNS 10 DE AGOSTO
de 10.30 a 19.30
DÍA DA BOA XENTE
Martes 11 DE AGOSTO
de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h
DÍA DA AUGA*
Mércores 12 DE AGOSTO
De 10.30 a 19.30
*CON AUTORIZACIÓN
DESPEDIDA PARA 15 E 16 ***
Mércores 12 DE AGOSTO
De 10.30 a 00.00
*CON AUTORIZACIÓN
DÍA DA DESPEDIDA
Xoves 13 DE AGOSTO
De 10.30 a 17.00
Se tes de 16 anos en adiante, tamén hai Campamento Urbano polas noites…