Poñémonos en contacto convosco para informarvos da actividade na que queremos participar de novo este ano. Trátase do desfile de comparsas que organiza o Concello de Ourense con motivo da Festa do Entroido 2026. Desfilaremos o domingo, día 15 de febreiro pola tarde nas rúas de Ourense.
A nosa proposta, coma en anos anteriores, para todos os nenos/as, mozos/as e pais e nais é participar facendo unha comparsa. Desta maneira todos os nenos/as e mozos/as que o desexen poderán participar nela disfrazados. Todos terán que vir xa disfrazados (a temática é “soños de xeo”).
Por suposto, en todo momento os nenos/as e mozos/as irán acompañados de animadores/as adultos que serán os que se responsabilicen da comparsa. Os nenos/as de infantil deberán de ir acompañados dun adulto.
Este ano, os disfraces mercaranse, coa excepción dalgúns accesorios.que serán realizados por voluntarios e voluntarias da Asociación.
Os precios dos disfraces serán os seguintes:
- Nenos/as (ate talla 10/12): 22€. Drisfraz pingüíns
Os nenos/as que precisen unha talla maior, levarán a pequena de adulto e, polo tanto, o precio será 32€
- Mulleres e homes: 32€ Disfraz Esquimós
No momento de realizar a inscrición, se deberán aboar 15€ por cada disfrace encargado, o resto, aboarase cando se faga a recollida.
O día de recollida de disfraces será próximo á data do evento e se indicará aos inscritos previo aviso por correo electrónico.
NON SE RECOLLERÁN INSCRICIÓNS A PARTIR DO XOVES 4 DE DECEMBRO