Home » Novas » PRESINCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN IEF

PRESINCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN IEF

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.

Xa está aberto o período de preinscrición que se pechará o 16 de marzo, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.

A continuación detallamos o proceso de inscrición:

Xa podedes preinscribiros aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado (até o 16 de marzo) a través da páxina web de Amencer en www.amencer.org . A preinscrición e reserva de praza farase por orde de entrega.

  • Xunto coa preinscrición pagarase a través de transferencia bancaria ou por TPV unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto 15 € de Saltimbanquis.
  • A partir do 17 de marzo e ate o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
  • A partir do 17 de marzo en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.

DATAS e PREZOS

  • Saltimbanquis: 27 de Xuño – 29 de Xuño (Castrelo – Cambados): 95 Euros.
  • Andaina: 29 de Xuño – 6 de Xullo (Castrelo – Cambados): 265 Euros.
  • ADS: 6 de Xullo – 13 de Xullo (Castrelo – Cambados): 265 Euros.
  • Adolescentes : 13 de Xullo – 20 de Xullo (Castrelo – Cambados): 265 Euros.
  • Xuventude 1 e 2 : 20 de Xullo – 27 de Xullo ( Castrelo – Cambados ): 265 Euros.