Home » Novas » PRIMEIRA LIÑA

PRIMEIRA LIÑA

publicado en: Novas

É un proxecto aberto a calquera neno da nosa cidade. A admisión realízase a través da derivación dos correspondentes Departamentos de Orientación dos distintos centros educativos, dos servizos sociais e/ou de entidades que traballan con usuarios deste perfil. Trátase dun proxecto integrador, no que o destinatario participa sempre cun compromiso de asistencia e implicación. Ademais, é un proxecto gratuíto, porque consideramos fundamental que todas as persoas poidan acceder a este servizo, especialmente as familias e colectivos máis desfavorecidos. Funciona tamén como unha escola de voluntariado, xa que nel participan persoas que colaboran de forma desinteresada, asumindo o valor da gratuidade activa e do compromiso social.