Home » Novas » SAIDA FIN DE ACTIVIDADES 2025

SAIDA FIN DE ACTIVIDADES 2025

publicado en: Novas

Prezadas familias:

Querémosvos presentar a última actividade do curso: a Saída á Praia.  O vindeiro sábado 14 de xuño imos ir pasar un día de convivencia e excursión á zona de Praia do Vao. Ás 10:00h sairá o autobús dende a asociación e volveremos á mesma ás 18:30h (Rógase puntualidade). Pasaremos o día enteiro gozando da natureza. Estamos todos convidados/as a participar nesta actividade: rapaces/zas, animadores/as e familias aínda que non sexan de grupos (Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado). A viaxe será en autobús para quen queira, e senón pódese ir en coche. O prezo do autobús será de 15€ por persoa co carné actualizado e 17 € co carné sen actualizar.

Para pasar o día na praia será preciso traer:

  • Xantar (comida, merenda e bebida)
  • Traxe de baño (preferiblemente xa posto)
  • Toalla
  • Gorra
  • Crema solar
  • Roupa para cambiarse

A inscrición a actividade farase online . A data límite para poder inscribirse será ata o xoves 12 de xuño ás 14:00h.

Coidamos que é un bo momento para compartir convosco o noso labor de animación cos vosos fillos e fillas; por iso gustaríanos que participarades nesta saída á praia. Contamos coa vosa presenza.

No caso de calquer dúbida, baixa de última hora ou imprevisto, o teléfono de contacto de ese día será o móbil de Amencer: 627. 963. 883, pois non estaremos nas oficinas.

Un saúdo

Equipo de Animadores e Animadoras