Home » Novas » XX Mañas de Verán 2025

XX Mañas de Verán 2025

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XX Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo de educar dunha forma lúdica a través do xogo, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fora do horario escolar.

Outro dos nosos obxectivos é a de facilitar á conciliación familiar e laboral.

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Educación Infantil, ata 2º da ESO, ambos inclusive:

  • Mañás de Verán Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5º EI e 6ºEI
  • Mañás de Verán Primaria para rapaces/zas de 1ºEP a 6ºEP
  • Mañás de Verán ESO para mozos/zas de 1º e 2ª ESO

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesiano María Auxiliadora nos meses de xuño e xullo:

  • 1º semana, do 23 ao 27 de xuño
  • 2ª semana, do 30 de xuño ao 4 de xullo
  • 3ª semana, do 7 ao 11 de xullo
  • 4º semana, do 14 ao 18 de xullo
  • 5º semana, do 21 ao 24 de xullo

O horario das actividades será de 9:30h a 13:30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 9:00h ata 9:30h, e ao mediodía dende ás 13:30h ata as 14:00h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.

SERVIZO DE MADRUGADORES

Antes do horario da actividade, dende as 7:45h ata as 9:00h.

SERVIZO DE MEDIODÍA

Despois da actividade, dende as 14:00h ata as 15:15h tendo a posibilidade de que os rapaces/as coman neste tempo traendo unha friameira que podan consumir de modo individual.

SERVIZO DE COMEDOR

Este ano seguimos ofrecendo o servizo de comedor dende as 14:00h ata as 15:15h.

(CALENDARIO DE COMEDOR)

PROGRAMACIÓNS E AVISOS

Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademais contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalación e piscinas.

Proximamente teredes dispoñible o programa de actividades no que se inclúe que precisan traer os rapaces/zas cada día.

Do mesmo xeito, tamén recordamos que a programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os avisos diarios que colocaremos nas entradas e nas redes sociais de Amencer.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA PAIS E NAIS

A reunión informativas de Mañás de Verán será o xoves 5 de xuño ás 20:00h na Aula Magna do colexio salesianos.

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, etc.

A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer e/ou do ANPA do Colexio Salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ e/ou 7€, respectivamente. Ademais, tamén haberá un desconto por irmán de 5€.

Os prezos son:

COTA XERALSOCIOS ANPA María AuxiliadoraSOCIOS AMENCERSOCIOS ANPA María Auxiliadora e SOCIOS AMENCER
1 semana60€53€55€48€
2 semanas110€103€105€98€
3 semanas160€153€155€148€
4 semanas200€193€195€188€
5 semanas235€228€230€223€

Servizo de madrugadores: 15€/semana

Servicio mediodía con ou sen friameira: 15€/semana

Servizo de comedor: 45€/semana

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto MDV+Nome do participante.
  2. Achegándose as nosas oficinas en Praza Don Bosco 1, baixo para facelo en efectivo ou tarxeta.

NINGÚN NENO/A SEN CAMPAMENTO

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

As inscricións  realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace, dende o martes 6 de maio ata o 19 de xuño ás 18:00h.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as ás cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.