Benqueridas familias:
Un ano máis chega unha das actividades máis importantes para todos os que formamos os grupos do itinerario (Saltimbanquis, Andaina e ADS). Trátase da “Festa do Pano”, que celebraremos os días 18 e 19 de Abril. Como todos os anos, realizarase na vila de Allariz, comezaremos o sábado pola mañá e cada rapaz/a deberá levar, ademais dos símbolos de cada movemento:
| TODOS (nunha mochila que quedará no albergue) | |
| Roupa cómoda Muda Útiles de aseo Saco de durmir Gorra de sol ou chuvasqueiro (en función do tempo) | |
| SALTIMBANQUIS E ANDAINA (noutra mochila diferente) | ADS |
| Traxe de baño Toalla Chanclas Gorro para a piscina Xantar e merenda do sábado | Calzado cómodo para camiñar Roupa cómoda Mochila para levar as cousas Auga Xantar e merenda do sábado |
Gustaríanos que o domingo compartades connosco e cos vosos fillos, un dos momentos máis importantes do curso, a imposición de símbolos. Teremos xogos, partido pais contra fillos, concurso de postres e a Eucaristía de imposición, para rematar coa comida compartida. Para o xantar compartido do domingo, Amencer invitaravos ao café e á sobremesa. Cada familia traerá a súa comida e a do seu fillo/a para poder compartir. Por tema organizativo pedímosvos que na inscrición indiquedes cantas persoas ides participar. As familias que non poidades subir o domingo non vos preocupedes, pois encargámonos nós dos vosos fillos.
INSCRICIÓN ATA O XOVES 16 DE ABRIL
A saída será o sábado 18 de abril ás 10.30 h. desde Amencer e o regreso será o domingo 19 de abril, contra ás 16.00 h.
| HORARIO SÁBADO |
| 10:30h Saída dos autobuses cara Allariz |
| HORARIO DOMINGO |
| 10:30h Acollida ás familias dos rapaces/zas 11.00h Actividade coas familias (traer roupa cómoda para xogar cos vosos fillos) 12.30h Eucaristía 13:45h Xantar compartido 15:30h Regreso a Ourense |
O prezo desta actividade completa será de 45€. Este prezo inclúe os desprazamentos en bus, entrada á piscina, cea do sábado, durmida en Allariz, almorzo e comida do domingo. Para outro tipo de participación preguntade en Amencer. LEMBRADE QUE O TEMA ECONÓMICO NON SEXA UN IMPEDIMENTO PARA PARTICIPAR, FALADE CON NÓS.
Pago a través de transferencia bancaria no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Festa do pano + Nome do participante). No caso de dificultade, poñerse en contacto con Amencer no 988.218.123 e secretaria@amencer.org
Se marcas que só ves o DOMINGO non terás que pagar nada aínda que o prezo che saia 45 €
