Home » Novas » MAGOSTO INFANTIL 2026

MAGOSTO INFANTIL 2026

publicado en: Novas

As animadoras e os animadores de Trisquel da Asociación Xuvenil AMENCER poñémonos en contacto convosco para informarvos da saída conxunta que vai ter lugar o sábado 14 de novembro con motivo da festa dos Magostos.
O lugar escollido son os patios do Seminario Maior, a onde iremos andando e pasaremos todo o día. (Se chove, a actividade realizarase no colexio)


A saída será ás 11:00 h. do pórtico do colexio salesiano
O regreso será ás 18:00 h. (todos os grupos)
Cadaquén debe levar a súa comida, bebida,… tamén roupa de abrigo, calzado cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Podes traer castañas picadas ou chourizos co nome para asar no lume, se é asi trae pan para o chouizo)


Gustaríanos que os rapaces e rapazas puideran gozar e coñecer mellor esta festa típica galega, polo que sería bo que non levasen lambetadas, patacas fritas, chocolatinas … Que tan solo leven a comida necesaria e propia desta festa. Tamén recomendamos que non leven a mochila moi cargada, posto que camiñaremos varios kilómetros (2.5km) con ela ó lombo e só imos estar fóra da casa unhas horas. Todas estas indicaciones pretenden ir en clave educativa. Queremos que os rapaces e rapazas non vivan o magosto como unha saida mais.

Se non pertences os grupos de IEF ponte en contacto connosco