Home » Novas » XVI Mañás de Verán

XVI Mañás de Verán

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XVI Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo  de educar dunha forma lúdica a través do xogo, ademais de facilitar á conciliación familiar-laboral

  • Mañás de Verán Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5º EI e 6ºEI
  • Mañás de Verán Primaria para rapaces/zas de 1ºEP a 6ºEP
  • Mañás de Verán ESO para mozos/zas de 1º e 2ª ESO

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Verán realizaranse do 23 ao 25 de xuño, do 28 de xuño ao 2 de xullo, do 5 ao 9, do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de xullo de luns a venres nas instalacións do colexio salesiano Mª Auxiliadora.

Este ano continuaremos co novo horario que implantamos o ano pasado. O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.

Como novidade nesta edición, volveremos a ofertar o servizo de comedor/friameira dende ás 14h ata ás 15.15h, quedando a comer ou non. No caso de que queden a comer, deberán traer da casa unha friameira para consumir de modo individual.

ENQUISA AVALIATIVA

Como cada ano, ao finalizar Mañás de Verán pedimos as familias participantes a súa colaboración para poder comezar a traballar en Mañás de Verán 2022. Sabemos que non somos perfectos e que cometemos erros, por iso queremos pedir a todos os participantes que cubran esta breve enquisa avaliativa para aportar calquer comentario/suxestión respecto a espazos, programacións, servizos… e poder seguir mellorando este proxecto.

PROGRAMACIÓN E AVISOS

Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademáis contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións. Xa tedes dispoñible o programa de actividades no que se inclue que precisan traer os rapaces/zas cada día. Do mesmo xeito, tamén recordamos que a programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os avisos diarios que colocaremos nas entradas e nas redes sociais de Amencer.

*O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer ou do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ ou 7€, respectivamente (descontos non acumulables, só 1 vez por campamento) Os prezos son:

Primeiros días:

COTA XERALSOCIOS ANPA María AuxiliadoraSOCIOS AMENCER
23 ao 25 de xuño35€28€30€

Semanas completas:

COTA XERALSOCIOS ANPA María AuxiliadoraSOCIOS AMENCER
1 semana60€53€55€
2 semanas90€83€85€
3 semanas120€113€115€
4 semanas150€143€145€

OLLO! Semana do 28 de xuño ao 2 xullo prazas cubertas para INFANTIL

Servizo de comedor/friameira: 10€/semana (do 23 ao 25 de xuño son 6€) (mínimo 10 nenos/as anotados)

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto MDV+Nome do participante.
  2. Achegándose as nosas oficinas en Praza Don Bosco 1, baixo para facelo en efectivo ou tarxeta.

NINGÚN NENO/A SEN CAMPAMENTO: Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

As inscricións  realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace, dende o venres 21 de maio ata o 18 de xuño ás 18h.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

AMPLIACIÓNS

Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O custe de ampliación por semana é de 30€. Para formalizar o proceso de preinscrición hai dúas posibilidades:

  1. Online: Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ nome do participante). Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplia, anexando o comprobante bancario da transferencia.
  2. Presencialmente nas nosas oficinas ( de luns a venres entre as 10.00h e as 13.00h) abonando o pago en efectivo ou tarxeta.

BAIXAS

  • Devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 18 de xuño.
  • Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión.
  • A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.

A TER EN CONTA

A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade.

O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos. Toda a información sobre a adecuación das nosas actividades fronte a Covid-19 estan dispoñibles no seguinte documento.

Haberá unha reunión informativa o luns 14 de xuño ás 20h para todos os pais/nais dos participantes para informarvos sobre o desenvolvemento, organización e avisos das actividades.