Moitas das actividades de AMENCER están abertas a calquera neno ou nena, mozo ou moza que desexe participar nelas. Vertebrar estas actividades para facelas máis fortes e que cheguen a máis xente é a orixe do programa Portas Abertas.

É a nosa proposta clara que fai de ponte entre os grupos de ritmo semanal, columna vertebral de AMENCER, e os rapaces e rapazas que se achegan por AMENCER e non se animan, por descoñecemento ou por outros motivos, a participar nos nosos grupos de tempo libre.

Facilitar que nos coñezan, ofertar actividades que lles interesen e organizar actividades para destinatarios que non poden ou non queren o ritmo semanal dos grupos, son os obxectivos deste programa.

Nas pontes do curso escolar tratamos de organizar actividades abertas e alternativas para os rapaces/rapazas e mozos/mozas dos grupos e outros interesados en participar nelas. Adoitan ser actividades de tipo deportivo, lúdico, cultural…, e sobre todo baseándose nas diversas propostas que nos chegan dos propios interesados/as.

OBXECTIVOS:

  • Achegarnos a rapazada e mocidade que non participan nas actividades de ritmo semanal en AMENCER.
  • Ser unha continuidade a menor escala da experiencia de verán do Campamento Urbano.
  • Converter as pontes en momentos de encontro, diversión e posibilidade de enriquecer os posibles tempos mortos.

CALENDARIO:Ponte/día do Pilar; Ponte/día de Todos os Santos-Samain; Ponte/día de San Martiño; Ponte/día de San Xosé de Calasanz; Ponte da Constitución-Inmaculada; Vacacións de Nadal; Ponte do Entroido; Vacacións de Semana Santa; Ponte/día de San Xosé; Ponte/Día do Traballo-Maios;  Ponte/día das Letras Galegas; Vacacións de Verán.

HORARIOS: Depende de cada ponte e das actividades programadas.

PREMONITORES/AS: Nerea Salvadores, Aina Fernández, Sofía Sarpi, Pedro Conforto.

ACTIVIDADES:Torneos deportivos, ciclos de vídeo, obradoiros, xuntanzas, festas, animación á lectura, ludoteca, campionatos de xogos de mesa, torneos de futbolín, pimpón, playstation…, xincanas de xogos, cacao-concertos, exposicións, concursos culturais, actividades musicais…

DESCRICIÓN: Cremos no valor educativo do deporte e en que é un centro de interese na infancia e na mocidade moi válido actualmente, seguido por grande número de rapazada e mocidade. Ademais, termos os nosos locais nun colexio con grandes instalacións deportivas axúdanos a ser un bo complemento ao deporte federado que alí se organiza e favorece que poidamos utilizar as instalacións en clave de promoción deportiva, entendendo por tal todo tipo de actividades deportivas dende os deportes clásicos e masivos (fútbol, fútbol-sala, baloncesto), aos minoritarios (bádminton, pimpón, voleibol…), alternativos (ringo-gol, disco…) ou creados por e para nós.

OBXECTIVOS:

  • Achegar todo tipo de deporte á rapazada e mocidade, sobre todo a quen non o practican regularmente nin están federados/as.
  • Traballar no eido do deporte en clave de diversión, cooperación, igualdade, respecto aos contrarios/as, deportividade…
  • Ser unha canle concreta na prevención da drogodependencia e da violencia.

CALENDARIO: Ponte/día do Pilar, Ponte/día de Todos os Santos-Samaín, Ponte/día de San Martiño, Ponte da Constitución-Inmaculada, Vacacións de Nadal, Ponte do Entroido, Vacacións de Semana Santa, Ponte/día de San Xosé, Ponte/Día do Traballo-Maios, Ponte/día das Letras galegas, Vacacións de verán.

ACTIVIDADES: Campionatos deportivos lóstrego (dun día, fin de semana ou varios días), 12 horas deportivas, 24 horas deportivas, parti­dos illados, torneos…

DESCRICIÓN:Actividade que se realiza no mes de agosto na nosa cidade. Está destinada á rapazada que queda en Ourense nesas datas, especialmente a quen non teñen posibilidades de ir a outro campamento. Participan rapaces e rapazas de 8 a 16 anos no denominado Campamento Urbano Infantil e mozos/as de 15 anos en adiante no denominado Campamento Urbano Xuvenil. Cada día está dedicado a un tema distinto. Ofrécense excursións, xuntanzas con outros rapaces e rapazas de Galicia, obradoiros, deportes…, e tamén a posibilidade de gozar do verán en grupo.

OBXECTIVO:

  • Ofertar actividades de tempo libre educativas abertas, libres, gratuítas e que recrean a cidade para toda a rapazada entre 8 e 16 anos de idade no C.U. infantil e para os maiores de 15 anos no C.U. xuvenil.

CALENDARIO: A coordinadora reúnese ca da trimestre. No primeiro trimestre realízase o dossier de presentación, no segundo a programación do C.U. e no terceiro ultímanse os preparativos do C.U. Na primeira quincena de agosto realízase o C.U. e uns días despois do CU procúrase rematar as actividades máis “burocráticas”.

 

ACTIVIDADES:

– Durante o precampamento: traballo nas memorias do ano anterior, programación dos días do seguinte C.U., elaboración dos dossieres, trámite e obtención dos permisos e subvencións necesarias, deseño e reparto da publicidade…, preparación materiais e locais, e demais preparativos, como o cursiño do precampamento.

– Durante o Campamento: pola mañá hai actividades na cidade e nos arredores e pola tarde ofértanse diversas actividades na base do C.U.: ludoteca, tebeoteca, sala de xogos, obradoiros, grandes xogos… Cinco dos días son de actividade completa dende a mañá ata á tardiña, normalmente con saída.

– No postcampamento: recollida e limpeza, elaboración de memorias, agradecementos…

DESCRICIÓN: Amencer ofrece diversas salas onde poder atoparse, relacionarse e organizar diversas actividades lúdicas. Pretende ser un espazo no que toda aquela persoa que chega ao centro sabe que vai atopar a alguén, un recuncho para estar cos amigos/as e pasar o tempo dun xeito diferente. A sala Aberta é unha sala ampla que dispón dun bar, de carácter interno, no que se pode consumir certos produtos (bocatas, refrescos, aperitivos en bolsa, pastelaría, lambetadas…). Nesta sala hai mesas con cadeiras, sofás, xogos de mesa, barra de bar, revisteiro, taboleiros, televisión, equipo de música, espazo para exposicións… Todo o necesario para conseguir o noso obxectivo de que esta sala sexa un lugar de encontro lúdico entre todas as persoas que pasamos por Amencer.

Dentro da Sala Aberta baixando as escaleiras atopase Xangal.

OBXECTIVOS:

  • Ter en Amencer un espazo para xogar e pasar o tempo, compartíndoo con outras persoas que non son socias da Asociación.
  • Contar cunha sala que estea dispoñible para calquera tipo de acontecemento que se organice na Asociación.
  • Potenciar actividades que axuden a participar e integrar a rapaces/rapazas e mozos/mozas que non participan habitualmente nas actividades de Amencer.
  • Servir de plata­forma dende a que calquera persoa poida involucrarse nas demais actividades do Centro.

ACTIVIDADES:bar interno, sala de estar e charlar,xogos de mesa, revisteiro, proxeccións, festas, exposicións e outras actividades puntuais…

DESCRICIÓN: Unha das funcións que desenvolve a “Sala dos 15 Anos” de Amencer é a de ser sala de exposicións permanente. Pretendemos desde aquí un achegamento ao mundo da arte e á súa cara máis creativa e xuvenil

OBXECTIVOS:

  • Ser un lugar de encontro entre a mocidade e a cultura.
  • Favorecer as capacidades artísticas de calquera mozo ou moza, facilitando un lugar para realizar unha exposición da súa obra.
  • Dar a coñecer aos socios/as da nosa Asociación e á sociedade ourensá en xeral, exposicións alternativas que destacan en valores humano-cristiáns e de referencia á mocidade.

HORARIO: O de Amencer.

DESCRICIÓN: este proxecto está integrado por distintos espazos lúdico- educativos:

  • Unha sala de xogos con sofás para os máis mozos con pimpón, futbolín e cíber
  • Unha ludoteca con sofás, cadeiras e mesas para nenos e nenas e as súas familias na que poidan pasar a tarde xogando, pintando ou facendo actividades espontáneas ou guiadas como obradoiros, contacontos… ademais de ser sala de exposicións
  • Unha sala con sofás, cadeiras e mesas con voca­ción de biblioteca de barrio, aberta a todos os rapaces e rapa­zas da nosa contorna interesados/as no mundo da lectura e do libro. Tamén se pretende que sexa un lugar onde quen o desexe poida estudar xa sexa en horario de mañá, tarde ou tardiña.

OBXECTIVOS:

  • Poñer a disposición dos mozos e mozas un espazo no que poidan estar cos seus amigos, dándolles recursos de lecer.
  • Achegar os libros dun xeito lúdico e creativo aos rapaces e rapazas.
  • Promover actividades de animación á lectura entre os usuarios da biblioteca-tebeoteca
  • Crear unha sala de lectura, estudo e traballo en grupo para rapaces e rapazas, mozos e mozas.

HORARIO: de 17:15h. a 19:45h., de luns a xoves; e venres de 17:15h. a 20:45h.

ACTIVIDADES: Xogo libre e torneos lóstregos de futbolín e pimpón, sala de estar, actividades de ludoteca, sala de lectura e de estudo, obradoiros, concursos, videolibros, actividades de animación á lectura, xornalismo, feiras do libro, xornada das Letras Galegas,…

DESCRICIÓN:É o noso pequeno Campamento Urbano de Semana Santa que se realiza os catro días non lectivos pero si laborables (luns, martes e mércores santos e luns de Pascua). Aberto a toda a cidade e gratuíto.

OBXECTIVOS:

  • Ofertar actividades de tempo libre educativas abertas, libres, gratuítas e que recrean a cidade para toda a rapazada entre 3º EP a 2º ESO.

ACTIVIDADES:Grandes xogos e actividades nos parques da cidade, roteiro pola cidade, actividades nas termas…

HORARIO: de 10:30 a 13:30 catro días: Luns, martes e mércores santos e luns de Pascua

DESCRICIÓN:Actividades de conciliación familiar para nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria (incluídos) de calquera colexio de Ourense nas tardes de xuño e setembro nas que a rapazada so ten clase pola mañá.

OBXECTIVOS:

  • Educar en valores a través do xogo,
  • Favorecer a creatividade da rapazada,
  • Promover a participación e o traballo en equipo.
  • Facilitar a conciliación da vida laboral coa vida familiar.

 ACTIVIDADES:Xogos musicais, de patio, cooperativos, de habilidade; ciencia divertida psicomotricidade, animación á lectura, obradoiros, xincana de auga, grandes xogos, deportes, teatro

HORARIO: 15:30 a 17:30h. de luns a venres

DESCRICIÓN: Actividades lúdico educativas para nenos e nenas de Infantil e Primaria coa finalidade de ofrecerlles un tempo libre organizado e educativo mentres so pais traballan, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar

OBXECTIVOS:

  • Propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis cativos.
  • Propoñer o xogo como elemento educativo e lúdico.
  • Divertirse aprendendo cousas novas.
  • Promover actividades que animen á lectura, ao deporte, á expresión corporal…

CALENDARIO:

  • Mañás de Nadal: vacacións escolares de Nadal sen festivos.
  • Mañás de Entroido: vacacións escolares de Entroido sen festivos.
  • Mañás de Semana Santa: vacacións escolares de Semana Santa sen festivos.
  • Mañás de verán: a última semana de xuño e as catro primeiras semanas de xullo (1º ano de 5 semanas).

HORARIOS: De 10:00h. a 13:30h. Mañás de Verán este ano polo coronavirus de 8:30h a 14:00h

ACTIVIDADES:  Mañás de Nadal, Mañás de Entroido, Mañás de Semana Santa e Mañás de Verán.

DESCRICIÓN: Desde hai xa catro anos vimos organizando actividades dentro da programación de extraescolares do colexio Mª Auxiliadora de Ourense e outros colexios da cidade.  Están  abertas para todos os destinatarios interesados.

OBXECTIVOS:

  • Ofertar actividades educativas no colexio salesiano fora do horario lectivo
  • Estar atentos ás necesidades familiares, sociais e escolares que vaian xurdindo para poder responder desde a nosa identidade.

HORARIO: segundo a actividade concreta.

ACTIVIDADES: Salesianos (Guitarra, Cociña divertida, Ciencia divertida, Música e movemento, Iniciación ás novas tecnoloxías, Teatro e Club de lectura) e en CEE Miño-Velle

 

COLEXIO SALESIANO:

Obradoiro de guitarra (Este curso non saíu)

Descrición: Trátase dun espazo para que aqueles rapaces/zas que estean interesados/as en potenciar a música, teñan un lugar onde desenvolver e mellorar a súas dotes musicais, neste caso a través da guitarra.

Horario:. Xoves de 17.30h a 19h.

 

Cociña divertida

Descrición: Actividade lúdica que ten como destinatarios a nenos/as de Infantil e Primaria. Oobxectivo é achegar o mundo da cociña aos máis pequenos a través de pratos divertidos e saudables.

Horario: Xoves 17.30h a 19h

 

Ciencia divertida

Descrición: Actividade lúdica que ten como destinatarios a nenos/as de Infantil e Primaria. A fin da mesma é achegar aos máis cativos ao mundo da ciencia a través de experimentos que eles mesmos poderán facer, sempre dirixidos por un animador/a, dunha forma lúdica e educativa.

Horario: Mércores de 17.30h a 18.30h.

 

Musica e movemento

Descrición: Actividade lúdica para nenos e nenas de 4º a 6º de Educación Infantil a fóra do horario lectivo e que ten como finalidade a conciliación da vida laboral e familiar a través do da música.

Horario: Martes de 17.30h a 18.30h.

 

Iniciación ás novas tecnoloxías (Este curso non saiu).

Descrición: Actividade lúdico educativa para nenos e nenas de Educación Primaria fóra do horario lectivo e que ten como finalidade a conciliación da vida laboral e familiar na que os nenos e nenas comezarán a familiarizarse coa informática dun xeito lúdico.

Horario: Martes de 17.30h a 18.30h.

 

Teatro

Descrición: Actividade lúdico educativa para nenos e nenas de Educación Primaria e ESO cuxo obxectivo é a adquisición de coñecementos relacionados co teatro a través de diferentes exercicios, dinámicas e xogos nas que potenciar as súas habilidades sociais e afectivas.

Horario: Martes de 17.30h a 19h.

 

Club de lectura “Tragalibros”

Descrición: Xente interesada pola lectura sexan adolescentes ou adultos na que se propón a lectura dun libro por mes. Na seguinte xuntanza faise un forum do libro. Ás veces contamos co escritor ou escritora entre nós. É desde Secundaria en adiante.

Horario: Unha hora nunha tarde ao mes.

 

CEE MIÑO – VELLE

Descrición: Actividades lúdicas realizadas con dos grupos de rapaces/zas do Centro de Educación Especial Miño nas súas instalacións co fin de facilitar a participación en actividades semanais fóra do ámbito escolar

Horario: Martes e mércores de 15h a 16h.

DESCRICIÓN: Actividades de tempo libre organizadas por Amencer en clave de voluntariado con outras entidades da nosa cidade.

OBXECTIVOS:

  • Colaborar con outras entidades para mellorar e visibilizar o ámbito de tempo libre xuvenil.
  • Abrir as nosas actividades a toda a rapazada e mocidade da cidade.
  • Darnos a coñecer na nosa cidade.

HORARIO/CALENDARIO: Ao longo de todo o ano.

COORDINA: Equipo de Xestión.

ACTIVIDADES:

  • Con Espazo Xove (antiga Casa da Xuventude): actividades día de Rosalía, Dereitos da Infancia, actividades lúdicas, reunións de entidades…
  • Co colexio salesiano: Inauguración oficial do curso, Festas de Don Bosco e Mª Auxiliadora, exposicións na Sala Aberta, bar escolar, …
  • Co campus Ourense da UniVigo sobre proxectos e actividades baseadas no Aprendizaxe e Servizo
  • Co Centro Comercial Pontevella: Mesas OQ, Exposición solidaria e Pista de Xeo
  • Coa Delegación Diocesana de Misións: Mesas no Domund na rúa Progreso
  • Coa AECC: Mesa contra o cancro na rúa Progreso
  • Coa Escola de Arte Antonio Failde: exposición das obras dos alumnos de ebanisteria, fotografía…
  • Cáritas: Operación Quilo.
  • Concello de Ourense
  • ..

DESCRICIÓN: Actividades de tempo libre organizadas por Amencer, pero prestando servizos a outras entidades.

OBXECTIVOS:

  • Colaborar con outras entidades realizando actividades no ámbito de tempo libre infantil e xuvenil de calidade e co noso estilo educativo.
  • Abrir as nosas actividades a toda a rapazada e mocidade da cidade.
  • Darnos a coñecer na nosa cidade.

HORARIO/CALENDARIO: Ao longo de todo o ano.

COORDINA: Equipo de Xestión.

ACTIVIDADES:

  • Animación de aniversarios e comuñóns de familias asociadas.
  • Actividades puntuais de animación que nos piden ANPA’s, Colexios, Concellos…
  • Con Expourense: Participación e realización de actividades no “Megaxove” (desde 2019 xa non se realiza)
  • Animación lúdica nas festas de Carmelitas
  • Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense
  • Concello de Ourense

 

DESCRICIÓN: Actividades de tempo libre organizadas por Amencer, pero prestando servizos ao ANPA do colexio salesiano de Ourense.

OBXECTIVOS:

  • Colaborar coa ANPA de Salesianos realizando actividades no ámbito de tempo libre infantil e xuvenil de calidade e co noso estilo educativo.

HORARIO/CALENDARIO: Ao longo de todo o ano.

COORDINA: Equipo de Xestión.

ACTIVIDADES:

  • Preparación pincho participantes nas súas asembleas
  • Animación na festa do ANPA.
  • Atención a fillos e fillas dos participantes en actividades organizadas polo ANPA.

DESCRICIÓN: Desde as orixes de Amencer hai unha moi boa relación co mundo adulto sexan familias da rapazada coa que realizamos as actividades sexan persoas coas que nos relacionamos nun sen fin de propostas. Neste curso queremos visibilizar todo este traballo e relación a través deste novo proxecto que denominamos “Adultos”.

OBXECTIVOS:

  • Visibilizar todo o traballo e relación co mundo adulto.
  • Darlle un espazo e protagonismo a todo adulto que desexe implicarse en Amencer.
  • Crear e soñar novos camiños conxuntos en prol da infancia e mocidade.

HORARIO/CALENDARIO: Ao longo do curso.

COORDINA: Equipo de xestión.

ACTIVIDADES:

Para familias da rapazada de Amencer: Reunións inicio de actividades (outubro), presentación da campaña de verán (febreiro), e organización doe campamentos (xuño), colaboración na Cota 0, invitación en Sementadores, Xoán Bosco en Amencer, Saída a neve e fin de curso, Xangal…

Actividades propias: encontros festivos de Entroido, Maios e Cacharelas; obradoiro da comparsa de Amencer, club de lectura, Sala Aberta…

 

INAUGURACIÓN CON ENTIDADES DO CURSO DE AMENCER

Aínda que Amencer non pecha en todo o ano, celebramos a inauguración do curso cun encontro no que compaxinamos acollida, saúdo, visionado da memoria audiovisual do curso pasado, presentación dos proxectos innovadores do curso e de caras novas, para rematarmos cun ágape fraterno. Invitamos as entidades e organizacións que colaboran connosco durante o ano.

CALENDARIO: Normalmente, o venres posterior á ponte do Pilar (no mes de outubro) pola mañá.