Desde o seu inicio, AMENCER traballou a solidariedade de maneira puntual. Desde este programa preténdese que este valor sexa un denominador común das distintas actividades do Centro Xuvenil durante todo o ano, por iso trabállanse diferentes campañas ao longo do curso. Así, no primeiro trimestre poténciase a Operación Quilo (OQ), no segundo, a campaña de Mans Unidas contra a fame e, no terceiro, un proxecto de axuda ao desenvolvemento de países empobrecidos.
DESCRICIÓN: Nos meses de novembro e decembro (aínda que o deseño da campaña comézase en setembro) organízase a Operación Quilo, en colaboración con Cáritas Diocesana, para conseguir quilos de comida, xoguetes, roupa e cartos (para gastar en alimentos de primeira necesidade) para as familias máis desfavorecidas de Ourense. Durante estes dous meses vanse dando pasos para que isto sexa posible e, nos días anteriores ao Nadal, faise unha Operación Quilo intensiva na que todos e todas nos dedicamos a recoller alimentos polos supermercados nos que se colocaron carriños, a arranxar e limpar xoguetes, a comprar alimentos cos cartos que se recollen nos petos distribuídos por diferentes establecementos comerciais da cidade, a colocar comida e facer paquetes para distribuílos entre as parroquias…
Despois, a distribución de todos estes “quilos” xestiónase a través das Cáritas parroquiais.
OBXECTIVOS:
- Concienciarnos de que a pobreza está preto de nós e temos que saber mirar ao noso redor, achegándonos á realidade desfavorecida de Ourense.
- Ofrecer á xente moza a oportunidade de traballar en favor de persoas que viven en situación desfavorecida na cidade.
- Conseguir comida, roupa e xoguetes para familias necesitadas da nosa cidade.
- Colaborar coas Cáritas parroquiais da nosa cidade que atenden durante todo o ano ás familias desfavorecidas de Ourense.
CALENDARIO:Primeiro trimestre do curso desde setembro até xaneiro.
ACTIVIDADES: Durante o tempo que dura a campaña fanse unha chea de actividades que van desde o deseño do cartel e a elección do lema ata a distribución dos alimentos e xoguetes recollidos. Podemos destacar algunhas como:
- Deseño da campaña de sensibilización para traballar a OQ.
- Contacto cos medios de comunicación para promover a campaña.
- Reparto de circulares solicitando colaboración.
- Xestión dos recursos humanos e económicos cos que se conta.
- Colocación de carros para a recollida de alimentos nos supermercados da cidade.
- Colocación e recollida de petos en pequenos establecementos comerciais para recadar cartos.
- Visita a empresas ourensás solicitando a súa colaboración.
- Eventos con entidades e administracións da cidade para a recollida de alimentos.
- Eventos deportivos para a recollida de alimentos, xoguetes…
- Dia de recollida no CCPV e nas portas de supers
- Recolocación das salas de Amencer para a almacenaxe de todo o que se recolle.
- Recollida das achegas que se fagan.
- Arranxo e limpeza de xoguetes.
- Embalaxe dos distintos produtos.
- Distribución de todo o recollido entre as Cáritas Parroquiais.
- Limpeza dos locais de Amencer despois do reparto.
- Redacción de cartas de agradecemento para as persoas e entidades colaboradoras.
- Redacción dunha memoria da campaña.
DESCRICIÓN: No segundo trimestre do curso colaboramos coa Delegación Diocesana na Campaña de Mans Unidas. Con esta campaña preténdese facer ver a realidade dun mundo inxusto no que os bens están repartidos de maneira desigual. Ao mesmo tempo téntase conseguir recadar cartos para axudar a xestionar proxectos de desenvolvemento en países empobrecidos levados a cabo por esta ONG.
OBXECTIVOS:
- Colaborar con Mans Unidas a través da actuación no ámbito local.
- Sensibilizar á xente do noso entorno máis próximo sobre a necesidade de colaborar en proxectos de axuda a países empobrecidos.
- Conseguir recursos económicos para contribuír ao desenvolvemento dos programas que desde esta ONG levan a cabo en países empobrecidos.
- Cea da Fame.
CALENDARIO:Segundo trimestre do curso desde a finalización da festa de Xoán Bosco até Semana Santa.
ACTIVIDADES:Ao longo destes cursos realizouse…
- Venda de obxectos facilitados desde Mans Unidas: bolígrafos, camisetas, portaminas…
- Pincho Solidario para todas as persoas que poidan estar interesadas en colaborar (organizado por Mans Unidas e aberto a toda a cidadanía ourensá).
- Pombas solidarias na rúa do Paseo (Andaina).
- Xaxún voluntario con mozos e mozas do centro xuvenil e do colexio.
- Día sen lambetadas para o alumnado de Primaria.
- Colocación de petos para recadar cartos na Sala Aberta.
DESCRICIÓN: No terceiro trimestre facemos unha campaña de axuda a países en vías de desenvolvemento proposta desde a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e levada a cabo desde as diferentes presenzas salesianas de Galiza (desenvolvendo en cada centro actividades adaptadas á súa realidade concreta).
OBXECTIVOS:
- Concienciar e concienciarnos sobre a necesidade de mitigar as desigualdades do noso mundo.
- Coñecer outras realidades diferentes ás nosas.
- Colaborar con persoas que traballan nos lugares a onde vai destinada a axuda económica para levar a cabo as actuacións para as que nos piden axuda.
- Recadar cartos para axudar ao desenvolvemento do proxecto co que se colabora.
CALENDARIO:Terceiro trimestre do curso desde Semana Santa até principios de maio.
ACTIVIDADES:
- Pombas solidarias na rúa do Paseo (grupos ADS).
- Coordinación coa ONG “JyD” para traer unha exposición coa que sensibilizar a nosa campaña concreta de A.P.E.
- Deseño dunha campaña de sensibilización para traballar no colexio e nos grupos do centro xuvenil.
- Deseño dun elemento con cuxa venta se poidan recadar cartos para colaborar economicamente co proxecto escollido.
DESCRIPCIÓN: Desde a clave de fomentar o valor da solidariedade en todas as accións levadas a cabo desde Amencer, hai uns anos xurdiu este proxecto, como resposta á necesidade de dar acollida e apoio a nenos e nenas con carencias educativas específicas e que pertencen ao noso contorno. É unha actividade que se realiza de luns a xoves, polas tardes, durante todo o curso escolar.
OBXECTIVOS:
- Darlle aos nenos e nenas unha alternativa nova ao estudio, facendo deste espazo un tempo de traballo e lecer.
- Potenciar a educación lúdico-educativa por medio do traballo persoal e constante.
- Potenciar as capacidades dos rapaces e rapazas.
- Favorecer o feito de que eles mesmos sexan protagonistas e responsables da súa educación, dándolles a oportunidade de participar na elaboración das actividades que eles mesmos realizarán.
- Tentar dar resposta ás necesidades educativas específicas de cada un dos nenos e nenas: Organización, orientación, comunicación…
- Acompañar e orientar ás familias no proceso educativo dos seus fillos e fillas.
- Desenvolver unha actuación coordinada e conxunta cos centros educativos, servicios de orientación, servizos sociais e entidades da cidade que interveñen no proceso educativo
HORARIO:
De luns a xoves, de 17:30h. a 19:30h (para nenos/as de Primaria)
De martes a xoves, de 16:00h a 17:30h (para mozos/as de E.S.O., PCPI…)
ACTIVIDADES: Apoio educativo a nenos e nenas de 6 a 16 anos derivados desde os Departamentos de Orientación dos Colexios e Institutos, nenos/as con carencias educativas específicas…así como destinatarios do entorno de Amencer.
DESCRICIÓN:Proinfancia é un proxecto que traballa con menores en risco de exclusión social ofrecéndolle atención en aspectos tales como reforzo educativo, actividades de ocio e tempo libre educativo, talleres educativos familiares, servicios que abranguen alimentación e hixiene e mais apoio psicoterapéutico. Para realizar esta labor, cóntase cunha entidade coordinadora (no noso caso Juan Soñador) e coas diferentes entidades da cidade para garantir os servizos citados. Amencer encárgase da parte de ocio e tempo libre educativo realizando o Centro Aberto e as Colonias.
OBXECTIVO: Empregar as actividades lúdicas para desenvolver relacións entre iguais adecuadas e desenvolver competencias persoais.
HORARIO E LUGAR: Horario semanal de luns a xoves de 16h a 18:30h, no CEIP “Virxe de Covadonga”. En vacacións en Salesianos nun horario adaptado.
ACTIVIDADES: Realízanse actividades que abrangue dende os obradoiros ata xogos de cooperación. Actividades e xogos que permiten as relacións e as interaccións entre os membros do grupo. Entre as actividades dirixidas, danse momentos de xogo libre nos que eles son os que deciden en que queren ocupar o tempo. Para nenos e nenas entre os 3 aos 12 anos adscritos a CaixaProinfancia.
Centro Aberto
DESCRICIÓN: É a actividade principal que se desenvolve do programa. Realizase nunha das aulas do CEIP, no barrio de Covadonga. Neste espazo dáselles a oportunidade de facer todo tipo de xogos, obradoiros e experimentos, nos que intentamos favorecer que fagan vínculos afectivos adecuados. Dáselles a oportunidade de que dirixan o seu propio xogo, compartindo os seus intereses co resto de nenos e aprendendo o valor da convivencia
CALENDARIO: realízase durante o período escolar. Comezase na primeira semana de outubro e remátase na última de xuño.
Colonias
DESCRICIÓN: Actividades lúdicas que se realizan nos períodos de vacacións. As actividades son realizadas en Salesianos, o que resulta proveitoso para levar a estes nenos a outras realidades. O obxectivo é continuar coas metas marcadas durante o ano, pero dun xeito máis aberto e distendido.
CALENDARIO: En períodos de vacacións de Nadal e de vacacións de verán.
DESCRICIÓN: Desde este proxecto preténdese potenciar a relación con outras ONG’s que traballan a solidariedade. Pretendemos unir forzas e traballar en común polo que cremos (que é o máis importante no noso pequeno e grande mundo): que toda a xente teña un mínimo de calidade de vida.De aí que nos unamos a outras organizacións que traballan distintos aspectos claves para o desenvolvemento e para facer posible un mundo máis humano e máis xusto.
OBXECTIVOS:
- Achegarnos a outras organizacións.
- Colaborar nas campañas promovidas desde estas.
- Traballar en rede con outras entidades.
- Sensibilizarnos e sensibilizar.
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
ACTIVIDADES:
- Colaboración coa Fundación JuanSoñador a través do “Proxecto Teranga” de axuda a inmigrantes.
- Axuda a países empobrecidos, en colaboración coas Misións Salesianas.
- Domund e Festival da Canción Misioneira, colaborando con OMP.
- Café-cacao solidario, colaborando con Intermón-Oxfam e/ou tendas de comercio xusto.
- Día Mundial sen Tabaco e Día do Cancro, colaborando con AECC.
- Deporte contra a droga, en colaboración con ATOX.
- Colaboración con JyD a través do traballo das exposicións, campañas e materiais que veñen desenvolvendo dende hai anos.
- Colaboración con “S.O.S. África” e “Mariola” para a recollida de roupa usada como axuda á países en vías de desenvolvemento.
- Colaboración con outras ONG’s de desenvolvemento de Ourense de xeito puntual.
Xa indicadas:
- Operación Quilo, colaborando coas Caritas parroquiais e Cáritas Diocesana.
- Boscomusic, recadando cartos para colaborar con Proxecto Home.
- Pombas solidarias, venda de camisetas, xaxún voluntario, Pincho Solidario ou cea solidaria…, colaborando con Mans Unidas.
Historicamente:
- “Un contenedor de ilusións” recollida de xoguetes para a ONG “Axudemos a un neno”.
- Colaboración con UNICEF nas súas campañas educativas.
- Colaboración co Espazo Xove de Ourense na actividade “Casa Solidaria”, na que participan distintas asociacións sociais e xuvenís.
- Colaboración co Espazo Xove na celebración do “Día da Muller” e outras datas significativas, na que participan distintas asociacións sociais e xuvenís.
- Colaboración con “Grupo Martes” para a recollida de roupa usada como axuda á asociacións de axuda a drogodependentes.
- … e colaboración tamén con outras organizacións aínda sen concretar.