Coordinar todas as accións de información xuvenil que xorden en Amencer é a raíz do nacemento deste programa. Precisamos que a nosa información chegue a todos e todas, sexan socios/as de Amencer ou outros mozos e mozas, ou mesmo organismos e entidades interesados. Tamén precisamos que cheguen a Amencer distintas informacións que nos axuden a acertar nos nosos proxectos e nos axuden a comprender mellor a realidade xuvenil e galega a través doutros puntos de vista distintos ou complementarios ao noso.
OBXECTIVOS:
- Achegar a información xuvenil e galega aos nosos socios e socias e/ou destinatarios das nosas actividades.
- Informar de todo o que facemos ás persoas interesadas.
- Crear un servizo de formación a través dun centro de recursos de animación.
DESCRICIÓN: É un servizo que trata de achegar calquera información e actividade que poida ter interese para a mocidade e para a Asociación Xuvenil (tempo libre, emprego, turismo, deportes, estudos…).
OBXECTIVOS:
- Crear un punto de referencia que sirva de contacto entre a xente moza e as diversas ofertas de tempo libre existentes na nosa comunidade.
- Realizar actividades de carácter informativo entre os mozos e mozas de Ourense.
HORARIO: O horario de Amencer.
ACTIVIDADES: Murais informativos, biblioteca de animación, oficina expendedora do carné xove, revisteiro, bases de datos de revistas, dípticos, pósters…
DESCRICIÓN: Un grupo de animadores voluntarios de Amencer encárgase de crear e manter a páxina web da Asociación(www.amencer.org), dando a coñecer Amencer na rede e proporcionando información dos seus proxectos e actividades a todas as persoas interesadas. Para favorecer a comunicación coa mocidade dende a A. X. Amencer estamos a buscar novas formas de comunicación como son as redes sociais. Dende Instagram (@axamencer), Facebook (/axamencer), Twitter (@axamencer) e Youtube pretendemos achegarnos á mocidade dando a coñecer as nosas actividades, as novas da asociación e información relacionada coa mesma e co galego.
OBXECTIVOS:
o Dar a coñecer Amencer na Internet, a través dunha web completa e actualizada.
o Dar a coñecer Amencer e as súas actividades nas redes sociais especialmente entre a xente máis moza.
o Achegar información do que é Amencer, das súas actividades, publicacións, campañas…, a todos os socios/as, colaboradores, entidades e persoas interesadas.
o Facer uso das novas tecnoloxías como canle de comunicación entre Amencer e os seus usuarios/as.
o Favorecer xestións en liña e a consulta máis rápida e doada.
o Favorecer a transmisión da cultura e lingua galegas a través da rede.
DESCRICIÓN: Sempre nos interesou a publicación da vida e experiencias de Amencer como grande obxectivo de por en valor o protagonismo da mocidade ourensá e visibilizar todo o que se soña en Amencer. Comezamos coa revista AXAR, posteriormente centrado nos grupos do IEF a folla Trisquel, e desde hai anos coa memoria anual da Asociación. Ademais publícanse outros materiais a imprenta como dípticos e carteis e outros a fotocopia como o calendario de peto de Trisquel, carteis de campañas…
OBXECTIVOS:
- Ser un medio de expresión da mocidade de AMENCER. (AXAR)
- Dar a coñecer o Campamento Urbano e a Campaña de Verán aos seus participantes, familias e entidades xuvenís e de tempo libre (AXAR)
- Ser un medio de comunicación entre Amencer e as familias dos participantes nos grupos de tempo libre de Amencer (Folla Trisquel).
- Implicar ás familias na marcha dos grupos de tempo libre (Folla Trisquel).
- Favorecer un diálogo e contacto persoal entre as familias dos rapaces/as e nós (Folla Trisquel).
CALENDARIO:Ao longo do curso.
ACTIVIDADES: Reunión puntual da mesa de redacción, redacción e maquetación dos artigos, revisión lingüística, impresión, edición, reparto aos socios/as de AMENCER e envío gratuíto a entidades e organismos.
AXAR
DESCRICIÓN:Xurdiu coma revista de marcado carácter xuvenil e ideada e realizada polos propios mozos e mozas, de aí o seu nome AXAR (Asociación Xuvenil Amencer Revista). Hoxe en día publícanse dous números ao ano: un sobre o Campamento Urbano e outra sobre a Campaña de Verán da nosa Asociación. É unha revista realizada a imprenta e a toda cor que se reparte entre os socios/as (e as súas familias) de AMENCER e asociacións e entidades relacionadas co mundo xuvenil.
CALENDARIO: Abril-xuño (a do C.U.); setembro-outubro (a da Campaña de Verán).
Folla TRISQUEL
DESCRICIÓN: Unha “folla voante” que quere chegar a todas as familias dos participantes nos grupos do IEF de Amencer denominados “Trisquel” que abranguen a destinatarios dende os 6 ate os 19 anos de idade. Imprímese a toda cor e a imprenta. É un díptico en tamaño DIN A-3 con seccións dedicadas ás familias, unha reportaxe visual e fotográfica do realizado no trimestre anterior e o calendario do próximo trimestre, ademais doutras seccións adaptadas aos destinatarios desta folla.
CALENDARIO: outubro, xaneiro e despois de Semana Santa (marzo-abril).
Memoria anual
DESCRICIÓN: Toda a vida de Amencer nun ano civil está reflexada nesta publicación a toda cor en tamaño DIN A4 dobrado a metade. Cifras, datos significativos, gráficos e fotografías compoñen as súas páxinas
CALENDARIO: Publicase no 3º trimestre do curso escolar.
DESCRICIÓN:Poder dispoñer dos distintos recursos de animación e educación no tempo libre que chegan a AMENCER por parte do equipo animador e outros usuarios aínda que non pertenceran á Asociación era un vello ideal no noso Centro Xuvenil. Hoxe en día, grazas ao Centro de Recursos conseguiuse reunir nunha sala todos os materiais educativos dos que dispón a Asociación: libros, unidades didácticas, revistas, vídeos, CD’s…
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer os recursos de animación de que dispón AMENCER.
- Favorecer o seu uso tanto por parte do equipo animador da Asociación como por outros mozos e mozas.
- Ir aumentando o noso fondo en cantidade, calidade e temas relacionados coa animación e a educación no tempo libre.
HORARIO: O da Asociación.
ACTIVIDADES: Sala de lectura, préstamo gratuíto de materiais, presentación por sectores e na Asociación de materiais novos, informatización do centro de recursos de animación, etc
DESCRICIÓN: Un grupo de animadores e animadoras voluntarios de Amencer encárgase de coordinar e integrar os recursos informáticos na marcha cotiá e na xestión da Asociación. Ademais, algún membro deste equipo participa nos foros de informática que organiza, de cando en vez, a Federación de CC.XX. Don Bosco de Galicia.
OBXECTIVOS:
- Organizar, en soporte informático, o arquivo da información e diversa documentación da Asociación e facer as correspondentes copias de seguridade.
- Velar polo bo uso e funcionamento dos equipos informáticos da Asociación: configuración, programas, soporte técnico…
- Dar pautas para o bo uso e funcionamento da Internet, dos recursos en rede, do correo electrónico e das ferramentas informáticas da Asociación.
- Coordinar o pequeno ciber que oferta Amencer á rapazada
ACTIVIDADES: Ciber en Xangal, mantemento e actualización da web, redes sociais, intranet, impresoras, base de datos, programas informáticos e outras plataformas dixitais)