As animadoras e os animadores de Trisquel da Asociación Xuvenil AMENCER poñémonos en contacto convosco para informarvos da saída conxunta que vai ter lugar o sábado 16 de novembro con motivo da festa dos Magostos.
O lugar escollido son os patios do Seminario Maior, a onde iremos andando e pasaremos todo o día.
A saída será ás 11:00 h. do pórtico do colexio salesiano
O regreso será ás 18:00 h. (todos os grupos)
Cadaquén debe levar a súa comida, bebida,… tamén roupa de abrigo, calzado cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Ao facer lume quen o desexe pode traer un anaco de pan e un chorizo para asar e castañas xa picadas.
Gustaríanos que os rapaces e rapazas puideran gozar e coñecer mellor esta festa típica galega, polo que sería bo que non levasen lambetadas, patacas fritas, chocolatinas … Que tan solo leven a comida necesaria e propia desta festa. Tamén recomendamos que non leven a mochila moi cargada, posto que camiñaremos varios kilómetros (2.5km) con ela ó lombo e só imos estar fóra da casa unhas horas. Todas estas indicaciones pretenden ir en clave educativa. Queremos que os rapaces e rapazas non vivan o magosto como unha saida mais.
MAGOSTO INFANTIL 2024
publicado en: Novas