A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as a Tardes Abertas!
Un proxecto que nace logo de que moitas familias se puxeran en contacto con nós para comentarnos a súa necesidade de conciliar a vida laboral e familiar, ofrecendo aos nenos/as un momento lúdico-educativo de xogo con outros nenos/as da súa idade.
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos e fillas, e favorecer tamén a participación e o traballo en equipo.
DATAS, HORARIOS E INSTALACIÓNS
As actividades de Tardes Abertas realizaranse de luns a venres dende o 2 de outubro de 2023 ata o 31 de maio do 2024, xa que rematan as clases polas tardes.
O horario será desde as 17:30h ata as 19:30h nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Xangal e Biblioteca.
DESTINATARIOS
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria (incluidos), de calquer colexio de Ourense.
É PRECISO SABER QUE:
COTAS
É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as toda a semana dámosvos a opción de que participen un, dous, tres, catro ou cinco días á semana, polo que a cota de cada participante dependerá do número de días á semana nos que participe.
O pago do primer mes adxuntarase directamente no momento da inscrición facendo ben pago por transferencia bancaria (Número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Tardes Abertas+ Nome do participante)) ou ben por TPV ou efectivo nas nosas oficinas.
Os seguintes meses os ingresos poderán realizarse do mesmo modo: transferencia, TPV ou efectivo (NON facemos domiciliacións)
COTA MENSUAL | DESCONTO | COTA MENSUAL FINAL | |
1 DÍA/SEMANA | 28€ | 0% | 28€ |
2 DÍAS/SEMANA | 56€ | 5% | 53,20€ |
3 DÍAS/SEMANA | 84€ | 5% | 79,80€ |
4 DÍAS/SEMANA | 112€ | 10% | 100,80€ |
5 DÍAS/SEMANA | 140€ | 15% | 119,00€ |
INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace. En caso de dúbidas ou dificultade consultar nas nosas oficinas, por teléfono 988.218.123 ou por correo electrónico a amencer@amencer.org.