A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XIX Mañás de Verán, un proxecto que nace co obxectivo de educar dunha forma lúdica a través do xogo, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fora do horario escolar.
Outro dos nosos obxectivos é a de facilitar á conciliación familiar e laboral.
Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Educación Infantil, ata 2º da ESO, ambos inclusive:
- Mañás de Verán Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5º EI e 6ºEI
- Mañás de Verán Primaria para rapaces/zas de 1ºEP a 6ºEP
- Mañás de Verán ESO para mozos/zas de 1º e 2ª ESO
DATAS E HORARIOS
As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesiano María Auxiliadora nos meses de xuño e xullo:
- 1º semana, do 24 ao 28 de xuño
- 2ª semana, do 1 ao 5 de xullo
- 3ª semana, do 8 ao 12 de xullo
- 4º semana, do 15 ao 19 de xullo
- 5º semana, do 22 ao 26 de xullo
O horario das actividades será de 9:30h a 13:30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 9:00h ata 9:30h, e ao mediodía dende ás 13:30h ata ás 14:00h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.
SERVIZO DE MADRUGADORES
Antes do horario da actividade, dende ás 7:45h ata ás 9:00h.
SERVIZO DE MEDIODÍA
Despois da actividade, dende ás 14:00h ata ás 15:15h. tendo a posibilidade de que os rapaces/as coman neste tempo traendo unha friameira que podan consumir de modo individual.
SERVIZO DE COMEDOR
Este ano seguimos ofrecendo o servizo de comedor dende ás 14:00h ata ás 15:15h.
PROGRAMACIÓNS E AVISOS
Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.
As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademais contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalación e piscinas.
Proximamente teredes dispoñible o programa de actividades no que se inclúe que precisan traer os rapaces/zas cada día.
Do mesmo xeito, tamén recordamos que a programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os avisos diarios que colocaremos nas entradas e nas redes sociais de Amencer.
REUNIÓN INFORMATIVA PARA PAIS E NAIS
A reunión informativas de Mañás de Verán será o mércores 5 de xuño as 20:00h na Aula Magna do colexio salesiano.
COTAS
O prezo inclúe, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, etc.
A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio de Amencer e/ou do ANPA do Colexio Salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 5€ e/ou 7€, respectivamente. Ademais, tamén haberá un desconto por irmán de 5€.
Os prezos son:
COTA XERAL | SOCIOS ANPA María Auxiliadora | SOCIOS AMENCER | SOCIOS ANPA María Auxiliadora e SOCIOS AMENCER | |
1 Semana | 60€ | 53€ | 55€ | 48€ |
2 Semanas | 110€ | 103€ | 105€ | 98€ |
3 Semanas | 155€ | 148€ | 150€ | 143€ |
4 Semanas | 195€ | 188€ | 190€ | 183€ |
5 Semanas | 230€ | 223€ | 225€ | 218€ |
Servizo de madrugadores: 12€/semana
Servicio mediodía con ou sen friameira: 12€/semana
Servizo de comedor: 40€/semana
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto MDV+Nome do participante.
- Achegándose as nosas oficinas en Praza Don Bosco 1, baixo para facelo en efectivo ou tarxeta.
NINGÚN NENO/A SEN CAMPAMENTO
Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.
INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace, dende o luns 22 de abril ata o 20 de xuño ás 14:00h.
É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as ás cinco semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas, tres, catro ou cinco semanas que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.
AMPLIACIÓNS
Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14:00h. O custe de ampliación por semana é de 50€.
As ampliacións realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace.
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Online: Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ nome do participante).
- Presencialmente nas nosas oficinas ( de luns a venres entre as 9:00h e as 14:00h) abonando o pago en efectivo ou tarxeta.
- Para formalizar o proceso de ampliación é preciso cubrir o seguinte formulario.
*Non se levará a cabo ningunha ampliación feita por outra vía (teléfono, e-mail,…)
BAIXAS
As baixas realizaranse de forma online, a través do seguinte enlace.
- Devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 16 de xuño.
- Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión.
- A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.
*Non se levará a cabo ningunha baixa feita por outra vía (teléfono, e-mail,…)