Home » Novas » Acampada Andaina 2026

Acampada Andaina 2026

publicado en: Novas

Estimadas familias:

Temos o pracer de informarvos de que se achega a nosa próxima aventura ao aire libre. As acampadas son unha oportunidade única para que os nenos e nenas fomenten a convivencia, a autonomía e o respecto pola natureza. Así mesmo, servirá como preparación para o vindeiro campamento de verán.

A continuación, detallamos toda a información necesaria para a organización:

Datos loxísticos

  • Data de saída: Sábado, 9 de maio, ás 11:15 en Salesianos
  • Destino: Finca privada “A Lonia”.
  • Data de regreso: Domingo, 10 de maio, ás 10:30 en Salesianos.
  • Límite de prazas: 40 prazas máximo.

– Equipamento necesario

Para asegurar o benestar dos pequenos, recomendamos preparar as mochilas seguindo esta lista básica:

  • Ropa cómoda: Muda de reposto e roupa de abrigo para a
  • Calzado: Zapatillas de deporte cómodas para camiñar.
  • Neceser de aseo: Cepillo de dentes, pasta e toalla
  • Descanso: Saco de durmir, almofada ou coxín e
  • Protección: Gorra e protector
  • Outros: Lanterna e

Organización das mochilas: Por motivos loxísticos, deben levar unha mochila de man co xantar, auga e protección solar para o sábado. O resto do equipamento irá nunha mochila aparte que se trasladará nos coches de Amencer ata o lugar de acampada.

Alimentación e saúde

  • Comidas: Só deberán levar o xantar do sábado. A cea e o almorzo do domingo correrán pola nosa
  • Alerxias/Medicamentos: Se o seu fillo ou filla require algunha medicación específica ou ten unha alerxia recentemente detectada, por favor, avisádenos.
  • Teléfono de contacto para emerxencias: Móbil de Amencer (627 963 883).

•  Autorización e pago

Para formalizar a inscrición, debe cubrirse a autorización a través de Bosconecta antes do xoves 7 de maio e realizar o pago correspondente de 5 € antes desa mesma data.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  • Ingresando no seguinte número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto Acampada+Nome do participante.
  • Achegándose as nosas oficinasde Amencer en Praza Don Bosco 1, baixo para facelo en efectivo ou tarxeta.

Nota importante: Co fin de promover a desconexión e o goce da natureza, non está permitido o uso de teléfonos móbiles, tablets, videoxogos, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo electrónico durante a actividade.

No caso de que alguén non poida asistir dende o inicio da actividade, consultade en Amencer para valorar as posibilidades de participación.