A OPERACIÓN QUILO, consiste na recollida de “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.
A organización desta OPERACIÓN QUILO coordínaa a Comisión de Solidariedade de AMENCER que traballa todo o ano en proxectos solidarios e que centra o seu traballo deste primeiro trimestre do curso escolar na OPERACIÓN QUILO, dentro do seu PROGRAMA DE SOLIDARIEDADE que abrangue máis de 6 proxectos solidarios ao longo de todo o curso.
Accións da campaña
(Datos da OQ do ano pasado)
Este proxecto solidario ten diversas accións estratéxicas coas que se pretende chegar a toda a cidadanía:
Como ven sendo habitual:
CARROS NOS SUPERMERCADOS
Colocamos os CARROS NOS SUPERMERCADOS de Ourense para a recollida de alimentos. Lembramos que o ano pasado se colocaron 14 supermercados
PETOS
Repartimos PETOS nos distintos establecementos cidade, para a recollida de cartos, que logo se transforman íntegramente en alimentos. O ano pasado colocamos 207 petos
CAIXAS
Un ano máis, continuamos co reparto tamén de CAIXAS a recollida de alimentos en distintos establecementos e entidades da cidade que colaboran con nós.O ano pasado tivemos 69 puntos de recollida
EVENTOS DEPORTIVOS SOLIDARIOS
Outro dos puntos fortes da campaña tamén son os EVENTOS DEPORTIVOS SOLIDARIOS, distintas entidades da cidade recollen quilos de alimentos,xoguetes e diñeiro (que se converten en alimentos)
PESO x QULOS
Continuamos e reforzamos a campaña de
PESO x QULOS que puxemos en marcha hai anos cos representantes dos partidos políticos e este ano abrimos a moitas máis persoas e representantes da cidade que doan o seu peso en quilos, recadamos un total de 3.228 Kg
LAZOS x QUILOS
Campaña de LAZOS x QUILOS, esta campaña levada a cabo en colaboración coa asociación de 37 perruquería e estética de Ourense.
BÁSCULA VIAXEIRA
Este ano contamos coa BÁSCULA VIAXEIRA, onde entidades e colectivos que se animen poderán recibir no seu local a bascula da Operación Quilo para que se poida pesar quen o desexe e doar en quilos de alimentos o seu peso. Invitamos a colectivos a comprometerse con este novo xesto.
BIZUM
Achega económica para a compra de alimentos non perecedereiros nos locais da Asociación na conta a nome de Amencer en ABANCA, número
ES12 2080 5261 1130 0001 1450 ou a través de BIZUM co código 10408
Datos da Operación Quilo do ano pasado:
7.960 quilos de alimentos
5.600 quilos de xoguetes
7.200 quilos de roupa
Todo os cartos recollidos, 10.414€, invertiuse en alimentación
Desde a Operación Quilo de AMENCER colaborouse con 21 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.594 familias formadas por 3.977 persoas
Como colaborar coa OQ
Participando nas distintas accións da campaña
Deixando alimentos nos carros dos supers,levando quilos de comida ao evento deportivo solidario
Donación
Mediante un donativo económico nos nosos locais ou a través da nosa conta. Lembramos que todas as achegas económicas se destinan íntegramente para mercar alimentos. Para donativos por transferencia en calquera sucursal de Abanca co número ES12 2080 5261 1130 0001 1450 indicando para a OPERACIÓN QUILO.
Amencer
Tamén temos o teléfono/FAX de AMENCER (988 218 123) para avisarnos e poder ir a recoller calquera paquete a empresas ou casas particulares; ou mesmo deixalo nos nosos locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org.
Para calquera dúbida ponte en contacto con nós (988 218 123) ou pásate polos locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org.