Home » Novas » Xornadas de xogos deportivos populares

Xornadas de xogos deportivos populares

publicado en: Novas

O venres, 4 de outubro, e o sábado 5, levarase a cabo unha xornada de xogos deportivos tradicionais nas instalacións do colexio Salesiano de Ourense aberta a toda a cidadanía que queira participar, tanto grandes coma pequenos.
O venres, a partir das 21.30h, comezará a xornada, adicada aos máis mociños. Rematando ao redor das 23.30h.
O sábado, dende ás 17h, retomarase a xornada para todos os públicos.
Trátase dunha xornada interxeracional, para pais e fillos e para os máis mociños, onde o deporte foi a base da mesma. Dende a Asociación apostamos por masivos como o fútbol ou de outros máis novos como o rugby, queremos facer presente tamén na nosa entidade deportes de carácter popular, dirixidos ao grande público sen necesidade de contar cunha formación específica para o seu desenvolvemento nin ter un fondo físico previo. Dende este punto de vista promovemos a realización de exercicios que favorecen a saúde das persoas, fomentando hábitos de vida sans.