Na nosa proposta educativa, a festa é unha das intuicións que queremos potenciar e valorar. Cremos indispensables estes momentos que dan cor á nosa vida tan axetreada e chea de tensións ás veces. Favorecer momentos de encontro informal, de ledicia e de festa organizada coa xente moza son para nós un signo claro da nosa identidade xuvenil e cristiá.
Favorecer a festa “cos” demais e nunca “a costa” dos demais, descubrir o verdadeiro senso da festa dende a cotidianidade, favorecer a festa como momento de descanso para coller novos folgos que nos axuden a seguir camiñando con ilusión e en compaña dos demais é o camiño polo que dende AMENCER optamos.
OBXECTIVOS:
- Crear momentos de ledicia e festa organizados en AMENCER.
- Crear un ambiente en que a festa estea integrada na cotidianidade de AMENCER.
- Buscar momentos nos que as distintas xeracións que compoñemos AMENCER nos poidamos interrelacionar e así coñecernos dun xeito informal.
DESCRICIÓN: Celebramos as datas máis significativas do noso país porque cremos que é importante para sentirnos unha nación con identidade propia. Dende este proxecto pretendemos valorar estas festas como un signo de identidade que se deben coidar entre a xente máis mociña da nosa Asociación e a mocidade que pertencemos a AMENCER.
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer as festas máis importantes do noso país.
- Actualizar, en clave xuvenil e infantil, as tradicións festivas do noso país.
- Celebrar dun xeito lúdico e xuvenil as nosas propias raíces.
COORDINA:Equipo de Xestión coa Xunta Coordinadora.
ACTIVIDADES:
SAMAÍN
Dende a Asociación reservamos a ponte de Samaín para festexar a festa máis terrorifica do ano. Decoramos as salas e levamos a cabo actividades que nos lembran esta festa celta e os nosos antepasados.
CALENDARIO: Fin de semana do 1 de novembro.
Aproveitamos esta festa local para que os rapaces e rapazas entren en contacto coa natureza e convivan cos seus compañeiros e compañeiras arredor do lume e as castañas. Tamén os mozos e mozas, animadores e animadoras temos o noso magosto xuvenil pola noite nos xardíns ou locais da Asociación.
CALENDARIO: O venres máis preto de San Martiño (11 de novembro), pola noite o xuvenil e o sábado o infantil.
Dada a importancia que ten esta festa para a cidade, unímonos a ela na nosa Asociación con actividades para rapaces e rapazas pola mañá e para mozos e mozas coas festa de Entroido Infantil e Xuvenil para os mozos a partir de 14 anos; participación no desfile do Concello de Ourense e Barbadás a través dunha comparsa formada por nenos, mozos, animadores e pais e nais; un mes e medio antes obradoiro de realización da comparsa… ademais de ambientación de locais e diversos concursos e actividades.
CALENDARIO: Ponte de Entroido (e mes e medio antes).
Coa chegada da primavera os campos engálanse e a cidade de Ourense enchese do frescor do campo para celebrar estas datas, recreando esculturas naturais e típicas do noso entorno como cruceiros, pontes, cabaceiros… Un mes antes nós realizamos as nosas esculturas e compoñemos as coplas que expoñemos o propio dia da festa nas rúas da nosa cidade.
CALENDARIO: O primeiro domingo de maio.
LETRAS GALEGAS
Lembramos ao autor ou autora a quen se dedica este día cada ano a través de actividades creativas, educativas e lúdicas á vez, tanto para rapaces e rapazas coma para mozos e mozas.
CALENDARIO: A quincena anterior ao Día das Letras Galegas (17 de maio).
CACHARELAS
Na noite de San Xoán saltamos por riba das fogueiras para espantar os malos espíritos e preparármonos de cara ao verán. Temos ademais unha boa sardiñada e churrascada para todos os mozos e mozas, animadores e animadoras e amigos e amigas que queiran participar.
CALENDARIO: A noite do 23 de xuño.
DESCRICIÓN: A festa ten para nós un sentido especial, pois é un momento de encontro nun ambiente que facilita o diálogo, a escoita e o ser comunidade. Precisamos valorar certas datas que para nós son significativas polo noso estilo de ser animadores e animadoras nun Centro Xuvenil ao xeito de Don Bosco.
OBXECTIVOS:
- Crear comunidade xuvenil a través da festa.
- Potenciar momentos de encontro informal, ledicia e diálogo.
- Valorar certas datas que para nós teñen un sentido moi especial.
COORDINA: Equipo de xestión co equipo de animación dos grupos xuvenís.
INAUGURACIÓN DO CURSO DE AMENCER
Aínda que Amencer non pecha en todo o ano, celebramos a inauguración do curso cun encontro xuvenil no que compaxinamos oración, visionado da memoria audiovisual do curso pasado, presentación dos proxectos innovadores do curso e de caras novas, para rematarmos cun ágape fraterno. Invitamos a xente amiga, a animadores/as e aos mozos/as dos grupos xuvenís.
CALENDARIO:Normalmente, o venres posterior á ponte do Pilar (no mes de outubro) pola noite.
Pola noite estamos invitados a participar no tradicional bingo de reis, baile, actividades lúdicas e un sinxelo ágape para festexar a festa de reis.
CALENDARIO:primeiro venres de xaneiro no que hai clases.
O sábado, a partires das 21:00h, celebramos a festa do fundador dos Centros Xuvenís Salesianos, organizando un encontro lúdico-festivo que inclúe deportes, cea, un momento de oración, xogos…
CALENDARIO:O sábado máis preto á festa de San Xoán Bosco (31 de xaneiro).
ENCONTROS GRUPOS XUVENÍS
Ao longo do curso cada grupo xuvenil organiza ademais das reunións encontros, xuntanzas e ceas cun marcado carácter festivo por diversos motivos: aniversarios, Nadal, confirmacións, ritmo do grupo…
CALENDARIO:Ao longo de todo o curso escolar.
ENCONTRO FESTIVOS EQUIPO ANIMACIÓN
CEA DE NADAL
Arredor da festa do Nadal, os animadores e animadoras de Amencer xuntámonos nunha mesa para celebrar todos xuntos o Nadal coa Comunidade Salesiana.
CALENDARIO:Preto do 25 de Nadal.
Nas festas de Nadal aproveitando a pista de xeo no CCPV ofertase unha tarde de patinaxe na pista para os animadores e animadoras que o desexen.
CALENDARIO: Nas vacacións de Nadal.
ANIVERSARIO DE AMENCER
Cada ano, Amencer cumpre anos o 26 de marzo e, como en calquera aniversario, todos os anos xuntámonos todos os que formamos esta familia arredor desta data para festexalo cun pequeno concerto, café todos xuntos…
CALENDARIO:Nunha fin de semana preto do 26 de marzo.
CONVIVENCIA FESTIVA DE ANIMADORES/AS
Tradicionalmente un día do 3º trimestre dedicámolo a compartir as nosas vivencias pasando xuntos un día, percorrendo lugares da nosa provincia como grupo de animadores/as e de amigos/as, compartindo así momentos informais.
CALENDARIO: Un festivo do 3º trimestre do curso.
Unímonos á Obra salesiana na festa de Mª Auxiliadora organizando un xantar ao aire libre con todo o equipo de animación.
CALENDARIO: Na fin de semana máis próxima á festa de Mª Auxiliadora (24 de maio), sen que se solape con outras actividades da Obra Salesiana en Ourense.
DESCRICIÓN: Cremos interesante potenciar e darlle calidade aos momentos celebrativos cristiáns que se organizan en AMENCER e desde aí traballamos e implicámonos neste proxecto.
OBXECTIVOS:
- Lograr unhas celebracións nas que todas as persoas implicadas participen e nas que vivamos a nosa fe cristiá con espírito xuvenil.
CALENDARIO: Ocasionalmente, dependendo das actividades.
ACTIVIDADES:
Nas nosas asembleas, encontros e xuntanzas incorporamos á programación a celebración da Eucaristía de marcadocarácter xuvenil e comprometida coa nosa realidade.
CALENDARIO: Ocasionalmente, dependendo das actividades.
EUCARISTÍA XUVENIL
Ás 12h. no templo parroquia celebramos todos os domingos a eucaristía das familias e do IEF. Invítase a toda a comunidade educativa de Amencer a participar como músicos, acólitos…
CALENDARIO:Os domingos ás 12h.
Ofrecemos un espazo para todas aquelas persoas que nalgún momento, polas présas, o traballo, os agobios ou a rutina, queiramos parar porque precisamos tempo para o silencio, a reflexión, pensar nun mesmo…; un espazo aberto para o encontro persoal, cos demais e con Deus.
CALENDARIO: Os primeiros martes de cada mes, de 19:45 a 19:30h.
Arredor da festa de san Xoán Boscotemos un momento reservado para a Familia Salesiana coa que compartimos obxectivos, traballo e ilusións, co gallo de afianzar os lazos que nos unen.
CALENDARIO:Preto do 31 de xaneiro.
Antes da cea compartida de Nadal, temos unha sinxela e emotiva oración xuvenil e de Nadal coa comunidade salesiana.
CALENDARIO: Preto do 25 de decembro.
Encontro celebrativo arredor da vivencia da Pascua destinado amocidade e animadores e animadoras de Amencer, que non poden participar na Pascua Xove da inspectoria, na nosa parroquia de Mª Auxiliadora.
Dependendo de anos e de número de participantes ofrecemos momentos entre os propios participantes, de reflexión e celebración propios coa participación activa nas celebracións da nosa parroquia.
CALENDARIO: De Xoves Santo a Sábado Santo en Semana Santa.
DÍA DA MOCIDADE NA NOVENA DE Mª AUXILIADORA
Un día da novena en honra a María Auxiliadora os mozos e mozas de Amencer participan da eucaristía da tarde acompañando ao alumando de 2º de bacharelato que fai a súa gradación.
CALENDARIO: Días antes do 24 de maio.
Cada trimestre, o último venres da programación trimestral dos grupos xuvenís dedicámolo á Celebración da Palabra. Xúntanse grupos ou faino cada grupo por separado segundo os horarios.
CALENDARIO: Últimos venres de cada trimestre escolar.
ORACIÓNS
Nas asembleas trimestrais, xuntanzas e encontros temos unha oración un pouco máis pausada e participativa para tódolos animadores e animadoras que participamos nelas.
CALENDARIO: A longo do curso escolar.
DESCRICIÓN: Preocúpanos que o tempo libre e a diversión se unan irremediablemente a condutas de risco e costumes que non favorecen unha vida sana. De aí que dende AMENCER pretendamos potenciar e dar alternativas para pasar o tempo libre dun xeito lúdico e sen riscos.
OBXECTIVOS:
- Informar dun xeito lúdico sobre os riscos de condutas non sanas.
- Ofertar alternativas de tempo libre na noite.
- Buscar momentos de festa, encontro e diversión sen que o alcol, tabaco e outras substancias aparezan.
DESCRICIÓN: Amencer é un centro de promoción de vida sen tabaco e, como tal, precisa facer fincapé nunha semana en que se subliñen estes valores para que se manteñan todo o ano.
OBXECTIVOS:
- Crear un ambiente de vida sana e sen tabaco.
- Previr o tabaquismo por medios educativos e de forma lúdica.
CALENDARIO: Na semana arredor do 31 de maio.
COORDINAN: Coordinadora Infantil co equipo de Xestión.
ACTIVIDADES: Mesas nas rúas, paneis, carteis, concursos, intercambio cigarros por…, proxeccións, charlas, feira sen fume, creación de mascotas para o Día Sen Tabaco, etc.
CONCURSO DE MASCOTAS ANTITABACO
DESCRICION: Historicamente concurso de ámbito nacional no que hai que deseñar unha mascota antitabaco baseada no eslogan que cada ano se propón dende a Consellaría de Sanidade.
Nos últimos anos realizase no ámbito interno dentro da propia feira sen fume.
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer o lema da OMS para o día mundial sen tabaco.
- Potenciar a creatividade, a participación e a implicación da infancia e da mocidade en campañas de prevención do tabaquismo.
- Desenvolver debuxos de estilo infantil e xuvenil para axudar a lembrar as mensaxes antitabaco no noso país.
- Previr o tabaquismo por medios educativos e de forma lúdica.
CALENDARIO: dende o mes de abril até decembro de cada ano.
COORDINA: Equipo de xestión.
ACTIVIDADES: Creación dunha mascota para o día mundial sen tabaco, exposición dunha escolma dos deseños das mascotas, utilización da mascota gañadora en materiais divulgativos…