Conscientes da importancia da nosa formación persoal e de grupo nos eidos da animación e da educación, queremos coordinar todas as accións encamiñadas á formación e ao crecemento persoal nos diversos proxectos e grupos de animación. De aí que naza este programa, que posúe un senso global, para que nos decatemos de todo o esforzo realizado no campo da formación.
DESCRICIÓN:Todo mozo ou moza desde os 14 anos en adiante que desexe ter responsabilidades no eido da animación en Amencer deberá realizar un proceso formativono que irá descubrindo o que implica ser animador ou animadora cristiá con estilo salesiano.
Iniciase ese proceso formativo inicial como premonitor con 14 anos cun acompañamento por un animador/a veterano/a que o axudará nas súas tarefas de animación para ir a modiño asumindo a súa responsabilidade dentro dun equipo de animación. Ademais das accións de animación que se describen posteriormente, aprovéitanse as asembleas trimestrais de programación e revisión para a formación. Nestas asembleas ofértase, dentro do horario, un tempo para todos os animadores e animadoras de Amencer, co obxectivo de reflexionar e formarnos nas nosas tarefas como animadores de tempo libre cristiáns.
OBXECTIVOS:
- Coordinar os distintos itinerarios formativos e actividades encamiñadas á formación de animadores/as de Amencer a través dunha coordinadora.
- Ofertar unha ampla gama de proxectos formativos “á carta” aos animadores/as e responsables das actividades de AMENCER.
- Traballar en clave de concienciación sobre a importancia da formación para o “noso ser” de animadores.
- Coñecer as implicacións de ser animador/a, preanimador e premonitornunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.
- Descubrir o estilo cristián e especificamente salesiano, característico da animación desta Asociación.
- Formarse en recursos lúdicos e educativos para o traballo con nenos/as e mozos/as na Asociación.
- Acompañar nos primeiros anos de animación para que ninguén se sinta só/soa.
- Crear un foro de encontro, formación e opinión entre os mozos e mozas de 14 a 16 anos de AMENCER que desenvolvan funcións de responsabilidade.
- Axudar a descubrir o campo da animación como posibilidade de dedicación no mundo do voluntariado.
CALENDARIO: Determínase polos propios animadores/as de cada curso escolar.
COORDINA: Xunta Coordinadora, Coordinadora Trisquel e Equipo de Xestión.
ACTIVIDADES:Proceso formativo anual inicial, asembleas de animadores, acompañamento persoal e diversas actividades de seguimento que se materializan nos proxectos e actividades.
Animadores/as
DESCRICIÓN:Para a xente moza maior de 18 anos ofértanse unha proposta formativa de todo tipo e continuada: desde o CMTL até a formación na asembleas de animación de Amencer, incluíndo a propia tarefa de animación.
CALENDARIO:Durante todo o curso escolar.
Preanimadores/as
DESCRICIÓN: Para a xente moza de 16 a 18 anos ofértanse unha proposta formativa de todo tipo e continuada: desde as asembleas de animación de Amencer até a propia tarefa de animación. Tamén ofertase un encontro trimestral de preanimadores e preanimadoras onde facemos entre todos un seguimento da nosa opción.
CALENDARIO:Durante todo o curso escolar. Encontros en Nadal, Semana Santa e Verán.
Premonitores/as
DESCRICIÓN: Para a xente moza de 14 a 16 anos ofértanse unha proposta formativa de todo tipo e continuada: desde as asembleas de animación de Amencer até a propia tarefa de animación. Tamén ofertase un encontro trimestral de premonitores e premonitoras onde facemos entre todos un seguimento da nosa opción.
CALENDARIO:Durante todo o curso escolar. Encontros en Nadal, Semana Santa e Verán.
Prácticas
DESCRICIÓN:Para a xente moza que quere realizar prácticas en Amencer por realizar o CMTL,estudos universitarios ou ciclos superiores de FP realízase un diálogo persoal e adáptase ao seu calendario e ritmo a oferta e sectores de animación nos que poden realizalas.
CALENDARIO:Durante todo o curso escolar.
DESCRICIÓN:É un proxecto que favorece unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que os mozos/as voluntarios/as melloran ou adquiren competencias para seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social. Os voluntarios/as desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia, neste caso en Ourense, en Amencer, aportándonos unha grande riqueza cultural, social e lingüística.
OBXECTIVOS:
- Favorecer o entendemento mutuo entre os mozos/as de diferentes países.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da xuventude.
- Coñecer as implicacións de ser animador nunha asociación xuvenil de tempo libre educativo.
- Formarse en recursos lúdicos e educativos para o traballo con nenos/as e mozos/as na Asociación.
- Sentirse acompañado na integración nunha nova cultura e no eido da animación no tempo libre.
CALENDARIO:Durante todo o curso escolar.
COORDINA:Equipo de Xestión
SCI
DESCRICIÓN: É a posibilidade que a mocidade italiana desde 18 até 28 anos ten para dedicar un ano da súa propia vida a favor da solidariedade sobreentendida para o ben de todos e de cada un e polo tanto como un valor da procura de paz.
CALENDARIO: Durante todo o curso escolar.
Corpo Europeo de Solidariedade (anteriormente chamado: Servizo de Voluntariado Europeo, Erasmus +)
DESCRICIÓN:É unha iniciativa da Unión Europea que ofrece oportunidades para que a mocidade entre 18 e 30 anos leve a cabo un servicio de voluntariado, realice un período de prácticas ou traballe no sector da solidariedade, no seu propio país, noutro país da Unión Europea ou fora dela.
CALENDARIO: Durante todo o curso escolar.
Erasmus-alemán
DESCRICIÓN:Estudantes de ciclos superiores de FP que realizan as practicas de ámbito educativo uns meses en Amencer. Realizase en contacto con Salesianos de Alemaña.
CALENDARIO: Durante todo o curso escolar.
DESCRICIÓN: Os animadores e animadoras, como tales, preocupámonos pola nosa formación, que ademais cremos indispensable para a nosa maduración como grupo de cara a enfrontarnos á tarefa da animación.
Por iso aproveitando as nosas asembleas dedicamos tempo a nosa formación específica como animadores cristiás de tempo libre.
OBXECTIVOS:
- Crear momentos de encontro entre animadores e animadoras.
- Compartir o noso crecemento como animadores e animadoras en Amencer.
- Ter momentos de celebración comunitaria da nosa fe.
- Motivarnos a formarnos persoalmente e como colectivo no eido da educación.
- Favorecer unha formación continua e de base dende a nosa realidade.
- Reservar medio día ao trimestre para formarnos como animadores/as cristiáns de tempo libre.
CALENDARIO: Nas asembleas de animadores e animadoras
COORDINA: Equipo de Xestión.
Formación en Asembleas Anual e Trimestrais de Animadores/as
DESCRICIÓN: Unha vez ao trimestre xuntámonos os animadores e animadoras de Amencer para reflexionar e formarnos nas nosas tarefas como animadores cristiáns de tempo libre, ao tempo que avaliamos o trimestre anterior e programamos o seguinte.
CALENDARIO:Unha vez ao trimestre coincidindo coas asembleas trimestrais de Amencer (Unha finde en setembro, medio día en vacacións de Nadal e Semana Santa, e na tardiña da noite de san Xoán).
Formación en Asembleas trimestrais de Trisquel
DESCRICIÓN: Unha vez ao trimestre xuntámonos os animadores e animadoras que formamos Trisquel (Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado) para reflexionar e formarnos nas nosas tarefas como animadores cristiáns de tempo libre, ao tempo que avaliamos o trimestre anterior e programamos o seguinte.
CALENDARIO: Unha vez ao trimestre coincidindo coas asembleas trimestrais Trisquel (Un sábado en outubro, antes do inicio das actividades de grupos, medio día nas vacacións de Nadal e nas vacacións de Semana Santa).
Formación específica por movementos
DESCRICIÓN:Ao longo do curso escolar cada movemento ou proxecto organiza sesións formativas específicas para o seu equipo de animación.
CALENDARIO:Ao longo do curso escolar.
Formación Inspectorial (CMTL-Arévalo; …)
DESCRICIÓN:Desde a Inspectoría salesiana ofertase un curso de monitores intensivo con formación propia do noso estilo en distintas localidades e en distintas épocas de curso escolar. Nós solemos participar na segunda quincena de agosto.
CALENDARIO: Segunda quincena de agosto.
DESCRICIÓN: Moitas veces precísanse tempo, formación, experiencia e ganas para poder reflexionar sobre o tempo libre educativo e todas as súas implicacións. Tamén a nosa Asociación leva moitos anos de andaina e precisa renovarse sen perder o porqué da súa orixe. Ademais os tempos van mudando e influíndo no noso quefacer diario; de aí a necesidade de crear un grupo de animadores e animadoras veteranos que poidan reflexionar e deseñar distintos documentos que lles propón a Xunta Coordinadora/Equipo de xestión e que posteriormente a mesma Xunta Coordinadora, Equipo de xestión ou a asemblea de animadores/as aproba oficialmente e asume.
OBXECTIVOS:
- Crear espazos de reflexión sobre o tempo libre educativo.
- Facilitar documentos borrador para que outros equipos de animadores/as poidan opinar, aprobar e aplicar.
- Ter un equipo de animadores/as que coñecen Amencer e poden axudar a dar respostas a inquedanzas que van xurdindo no día a día.
- Colaborar coa Federación Don Bosco de Galicia como grupo de reflexión de ámbito local ourensán.
HORARIO: A data e horario fíxase de acordo coas posibilidades dos participantes.
PARTICIPANTES: Segundo a temática e o calendario contase con animadores e animadoras veteranos.
ACTIVIDADES: Reunións puntuais sobre un tema proposto dende a Xunta Coordinadora/Equipo de xestión.
DESCRICIÓN: Amencer é unha Asociación Xuvenil de ámbito local, pero dende as súas orixes mantivo contactos moi estreitos con asociacións afíns no tempo libre tanto no noso país como noutras rexións do estado español, sobre todo con Castela e León e Asturias. Froito desas boas relacións xorde este proxecto no que compartimos experiencias formativas fortes (pola calidade, polo desembolso económico e pola organización) que sen o apoio de todas as asociacións participantes sería imposible realizar.
Cremos interesante, dende que xorde AMENCER, arrequecernos mutuamente con outras asociacións de tempo libre afíns e que nos axudemos a formarnos e a conseguir unha maior calidade no noso ser de animadores/as e no noso traballo voluntario no eido da animación educativa no tempo libre.
OBXECTIVOS:
- Crear plataformas de encontro formativo entre voluntarios/as de distintas asociacións xuvenís.
- Promover momentos fortes e de calidade, educativos e formativos.
COORDINA: Xunta Coordinadora e Equipo de Xestión.
ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE:
Donbosco.com-tigo
DESCRICIÓN: É un encontro para adolescentes de 14 a 16 anos de idade, aberto aos participantes en grupos xuvenís e a outros que participen en actividades no Centro Xuvenil. Reflexiónase un valor xuvenil relacionado coa vida de Xoán Bosco. A metodoloxía é de pequeno, mediano e grande grupo. Adoita ser na mesma fin de semana que o Campobosco.
CALENDARIO: Normalmente nunha fin de semana de novembro en León.
Campobosco
DESCRICIÓN: É un encontro formativo para mozos e mozas maiores de 16 anos de idade no que se subliña un valor da vida de Xoán Bosco en clave actual. Empréganse dinámicas de pequeno, mediano e grande grupo, ademais de exposición do tema dun xeito atractivo e xuvenil. Normalmente na mesma fin de semana que o donbosco.com
Cada tres anos faise un Campobosco Internacional nos lugares onde viviu Don Bosco, no norte de Italia, nos arredores de Turín. Participan mozos e mozas maiores de 19 anos de todo o estado español e de Portugal. Realízase a finais de xullo e principios de agosto.
CALENDARIO: Normalmente nunha fin de semana de novembro en León.
Pascuas xuvenís
DESCRICIÓN: Encontro celebrativo arredor da vivencia da Pascua para mozos e mozas de 16 a 19 anos de idade en Arévalo, Adrada, Mohernando, Logroño ou Cambados. Coordínase cos outros centros xuvenís das federación don Bosco de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, Pais Vasco, Navarra, A Rioxa, Madrid e Castela La Mancha.
CALENDARIO: De Xoves Santo á Domingo de Resurrección en Semana Santa.
Encontro Pascual de adolescentes
DESCRICIÓN:Encontro de introdución e motivación á vivencia pascual para adolescentes de 14 a 16 anos de idade nunha localidade de Galicia. Aberto a os adolescentes da Federación de Centros Xuvenís don Bosco de Galicia.
CALENDARIO: nunha fin de semana ou sábado (alterándose) antes ou despois da Semana Santa nunha localidade de Galicia.
Outros
DESCRICIÓN:Dependendo do curso escolar, das datas e das campañas educativas que estamos a traballar ofértanse outros momentos de encontro en Galicia, na zona do noroeste do estado ou por toda a inspectoría. Normalmente desde Amencer participa unha representación neses encontros ocasionais.
CALENDARIO:Ao longo de todo o curso escolar.
ACTIVIDADES PARA O EQUIPO DE ANIMACIÓN
Asemblea do itinerario
DESCRICIÓN: Unha vez ao ano xuntámonos todos os animadores e animadoras dos movementos Saltimbanqui, Andaina, ADS e Grupos Xuvenís. Ofertase todo o sábado unha xornada de formación e reflexión común para todos os equipos de animación dos catro movementos, que aparece recollido no proxecto Trisquel; e o domingo até o xantar está destinado para a coordinación de cada movemento.
CALENDARIO: Normalmente nas últimas fins de semana de setembro.
Convivencias cristiás
DESCRICIÓN: É un encontro formativo-celebrativo para mozos e mozas maiores de 19 anos de idade no que se pretende reflexionar e confrontar a vida de cadaquén cos valores de Xesús de Nazaré.
CALENDARIO: Nunha fin de semana do terceiro trimestre do curso normalmente en Allariz.
MXS (Movemento Xuvenil Salesiano)
DESCRICIÓN:Desde o Movemento Xuvenil Salesiano ofertante propostas de convivencia, encontro e formación para os animadores e animadoras dos centros xuvenís, de xeito esporádico.
CALENDARIO:Ao longo do curso escolar.
Outros
DESCRICIÓN:Outras ofertas que nos van chegando para formarnos en común con outras entidades semellan tes a nós.
CALENDARIO: Ao longo do curso escolar.
DESCRICIÓN: Cada ano potenciamos a formación continua das persoas voluntarias da nosa Asociación organizando un par de cursos oficiais de Monitores/as e/ou Directores/as de Actividades de Tempo Libre. De cando en vez tamén levamos a cabo algúns cursos monográficos de temática diversa e específica. En colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela
Ademais aproveitamos a oferta formativa da inspectoría salesiana e doutras entidades para formarnos en campos específicos.
OBXECTIVOS:
- Favorecer que todo animador/a de Amencer conte cunha titulación de tempo libre oficial.
- Facilitar á mocidade de Ourense cursos de Monitores e Directores de Actividades de Tempo Libre con titulación oficial da Xunta de Galicia.
- Favorecer accións formativas específicas de animación e tempo libre a través da organización de cursos monográficos.
- Aproveitar toda a oferta formativa axeitada ao noso labor para seguir formándonos con outras entidades.
COORDINA: Xunta Coordinadora
ACTIVIDADES:
Curso de monitores de actividades de tempo libre (Local)
DESCRICIÓN: Cursos oficiais de Monitores/as de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela. A titulación obtida é oficial e está recoñecida pola Xunta de Galicia. Estes cursos facémolos abertos a toda a cidade de Ourense.
CALENDARIO:Unha primeira convocatoria comezaría no primeiro trimestre, arredor das datas do Nadal e unha segunda convocatoria no terceiro trimestre, antes de rematar o curso (xuño).
Curso de directores de actividades de tempo libre (Local)
DESCRICIÓN: Curso oficial de Directores/as de Actividades de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela. A titulación obtida é oficial e está recoñecida pola Xunta de Galicia. Este curso facémolos aberto a toda a cidade de Ourense.
CALENDARIO: Durante o curso escolar, alternándose co curso de Monitores de Tempo Libre, cando haxa xente interesada.
Cursos monográficos (Local, Federación)
DESCRICIÓN: De cando en vez organizamos algúns cursos monográficos de temática diversa e específica. Adoitan ser na fin de semana (no segundo e terceiro trimestre do curso escolar), cunha duración aproximada de entre 4 e 12 horas; para estas accións formativas contamos tamén coa colaboración da Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela e tamén están abertas á cidade de Ourense.
CALENDARIO: Fins de semana do 2º e 3º trimestre do curso escolar.
Cursos inspectoriais
DESCRICIÓN: A inspectoría salesiana de Santiago o maior propón ao longo do ano diversos cursos específicos para animadores e animadoras dos centros xuvenís salesianos como son: Acompañamento básico 1º nivel, Acompañamento 2º nivel, Cursos sobre marxinación da Fundación JS, e outros mais. A oferta faise ao equipo de animación e os interesados participan.
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Cursos En Rede
DESCRICIÓN: Son cursos organizados por outras entidades ou organismos públicos e privados nos que participan voluntarios/as de Amencer. Algúns destes cursos son ofertados desde plataformas telemáticas (online) e, pola súa especificidade, complementan a formación anterior.
CALENDARIO: Durante todo o ano.
Outros cursos
DESCRICIÓN: Son cursos ofertados por outras entidades, públicas e/ou privadas, e nos que participamos como asociación, polo interese dos contidos para a formación dos nosos animadores/as. Moitos son na nosa cidade ou comunidade autónoma.
CALENDARIO: Durante todo o ano.
DESCRICIÓN:Amencer leva desde a súa orixe traballando no eido da educación no tempo libre; por iso cremos necesario crear unha área de creatividade que nos axude a soñar, deseñar, propoñer, coordinar… novos proxectos e tamén mellorar o que xa estamos a facer. A nosa pretensión é diferenciar inercias de tradicións; gustaríanos facer desaparecer as nosas inercias e potenciar a nosa identidade a partires de sas e boas tradicións das que participemos todos. Este é o reto deste proxecto que nos ilusiona, que se notará, agardamos, ao longo dos próximos cursos. Para levalo a cabo, potenciaremos unha reunión de ritmo espontáneo aberta, podendo participar nela todas aquelas persoas que se atopen cómodas co tema que se propoña para traballar. As propostas que xurdan deste equipo pasarán á Xunta Coordinadora/Equipo de Xestión, que será o órgano que aprobe e decida, se é o caso, a súa localización no plan de Amencer.
OBXECTIVOS:
- Crear un equipo aberto que reflexione sobre novos retos.
- Deseñar novos proxectos en Amencer.
- Facilitar o labor dos equipos de animación de Amencer para recrear, modificar ou propoñer novas actividades e proxectos.
CALENDARIO:Un día que veña ben aos participantes de cada equipo que se forme para cada tarefa.
ACTIVIDADE:Un encontro estilo “seminario” con traballo persoal previo.
DESCRICIÓN:Aínda que moitos de nós temos raíces galegas e rurais, ao estarmos situados nunha cidade fainos perder este horizonte de identidade co noso país; de aí que xurda este proxecto denominado Xalgaretea través do que coida que a nosa lingua, cultura, tradicións…, formen parte do ser de AMENCER.
A comisión que leva a cabo este proxecto coordínase coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
OBXECTIVOS:
- Difundir, dar a coñecer e asumir a nosa identidade galega.
- Potenciar o traballar “en galego”.
- Crear unha mentalidade que favoreza dar pasos neste senso.
- Tratar que o “ser galego” sexa coma un eixo transversal en todas as actividades de AMENCER.
CALENDARIO: A comisión ten un ritmo espontáneo de reunións. As actividades que se organizan son puntuais, dependendo de datas e festas significativas.
ACTIVIDADES:Campañas de promoción da lingua e da cultura galegas, promoción das festas galegas, exposicións, charlas, concursos, actividades de animación á lectura, creación e adaptación de xogos á realidade galega, concurso de “Hipercurtos Contos”, publicacións, promoción e coñecemento da figura de Alexandre Bóveda…
Amencer nace, vive e soña dentro da obra salesiana de Ourense que lle da un sentido e estilo moi concreto. Manter e coidar este espírito salesiano, que aínda sendo transversal, cremos importante visibilizalo con este proxecto concreto.
COORDINADOR: Equipo de Xestión
Equipo de Obra
DESCRICIÓN: A obra salesiana de Ourense fórmana o colexio salesiano Mª Auxiliadora, a parroquia Mª Auxiliadora, a plataforma social Juan Soñador, o centro Xuvenil Amencer, a familia salesiana e a comunidade salesiana. Para coordinarse e facer presente a Don Bosco na nosa cidade hai unha reunión ao trimestre cos representantes de cada ambiente.
CALENDARIO: Normalmente un luns de cada trimestre de 19:00 a 20:15.
Equipo local de pastoral do colexio Salesiano
DESCRICIÓN: O colexio salesiano coordina toda a súa oferta evanxelizadora a través do seu equipo local de pastoral, do que forma parte o coordinador de Amencer pois bastantes actividades e proxectos son conxuntos.
CALENDARIO:Xoves lectivos pola maña (de 12.30 a 13.30 h.) ou pola tarde (16:15 a 17:15h).
DESCRICIÓN: Participes da obra salesiana en Ourense desde as nosas orixe temos unha vinculación estreita coa Delegación inspectorial de pastoral xuvenil, que moitas veces nos oferta materiais, actividades, foros de encontro…, que nos axuda no noso camiñar como Asociación Xuvenil cristiá de estilo salesiano vinculada á provincia relixiosa salesiana de Santiago O Maior.
COORDINA: Equipo de Xestión co Equipo Local de Pastoral.
Xoves de pastoral colexial
Os equipos de pastoral das obras salesianas de Galiza, Asturias e Castela e León xúntanse tres veces ao ano normalmente en Lugo, e a última nunha localidade no centro da inspectoría coa finalidade de coordinarse e compartir proxecto e vida. Soe coincidir coa reunión dos CC.XX.SS.
CALENDARIO: Un xoves do mes de setembro/outubro, xaneiro/febreiro de 10:30 a 14:30 h. e a terceira un día ou dous a decidir.
Xoves de pastoral CC.XX.SS.
Os directores e coordinadores dos Centros Xuvenís Salesianos de Galiza, Asturias e Castela e León xúntanse dúas veces ao ano normalmente en Lugo coa finalidade de coordinarse e compartir vida e proxectos. Soe coincidir coa reunión dos de pastoral colexial.
CALENDARIO: Un xoves do mes de setembro/outubro, xaneiro/febreiro de 17:00 a 19:00h.
CZIEF (Coordinadora Zonal do IEF)
As coordinadoras zonais dos movementos Saltimbanquis, Andaina, ADS e grupos xuvenís de catecumenadoxúntanse tres veces ao ano en Lugo ou Ponferrada para programar, avaliar e formarse no IEF da zona do Noroeste.
CALENDARIO: Un xoves do mes de outubro, febreiro/marzo e abril de 17:00 a 19:00h.
DESCRICIÓN: Amencer non é unha entidade illada; sentímonos pertencentes á parroquia de Mª Auxiliadora e á realidade da Diocese de Ourense. Na nosa identidade está presente que traballamos e temos relación con outros movementos cristiáns da cidade e da Diocese: Delegación de Infancia e Mocidade, Delegación de Misións, Apostolado Segrar, Revista Comunidade… Ademais, na Xunta Coordinadora hai un membro que participa no Consello de Pastoral da Parroquia. Pertencemos tamén ao Consello Diocesano de Misións, que se reúne mensualmente para analizar e revisar a marcha desta Delegación.
OBXECTIVOS:
- Coñecer as distintas iniciativas de pastoral da Diocese e participar nas que poidamos.
- Darnos a coñecer á Diocese e ofertar as nosas accións a outros grupos e movementos.
- Colaborar con outras entidades diocesanas en diversas accións.
COORDINA: Equipo de Xestión.
ACTIVIDADES:
Vixilia do DOMUND
DESCRICIÓN: Celebración organizada pola Delegación de Misións.
CALENDARIO: o sábado anterior ao DOMUND.
Vixilia da Inmaculada
DESCRICIÓN: Celebración en honra da Inmaculada Virxe María organizada pola Delegación de Mocidade. Ten lugar na Igrexa de Santa Eufemia.
CALENDARIO: o 7 de decembro.
Vía crucis da mocidade
DESCRICIÓN:Vía crucis xuvenil na zona vella de Ourense organizado pola Delegación de Mocidade
CALENDARIO: o xoves anterior a Semana Santa.
Oración xuvenil
DESCRICIÓN: Oración xuvenil de carácter mensual.
CALENDARIO: Segundo calendario.
Outras propostas puntuais
DESCRICIÓN: Actividades de todo tipo que propoñen desde as distintas delegacións diocesanas da Vigairía de Nova Evanxelización.
CALENDARIO: Durante todo o curso escolar.