Como en toda asociación xuvenil, temos unha serie de elementos de coordinación e organización interna que fan posible a realización do noso labor cotián.

COORDINA: Equipo de Xestión.

DESCRICIÓN: Gústanos coidar a nosa historia e potenciar as nosas raíces descubrindo o proxecto colectivo que é Amencer e no que se implicou tanta xente ao longo de moitos anos. De aí que queiramos celebralo todos los curso escolares e dun xeito máis oficial e festivo cada cinco anos.

OBXECTIVOS:

  • Festexar a historia compartida que é Amencer.
  • Descubrir as nosas raíces.
  • Compartir tempos con toda a xente que participa e participou en Amencer.

CALENDARIO: Unha tarde ou nunha fin de semana cada cinco anos.

COORDINA: Xunta Coordinadora e equipo de Xestión.

ACTIVIDADES: xuntanzas, xestos, eucaristía, cea das lembranzas, publicacións, edición dunha lembranza, grande xogo, acto institucional, inauguración…

 

Tódolos anos

DESCRICIÓN: Nun día preto da data de aniversario organízase un acto que pode ser desde un concerto até unha cea, dependendo de cada ano. O obxectivo é encóntrase todos os que participamos da vida de Amencer en clave festiva.

CALENDARIO: Arredor do 26 de marzo.

 

Cada 5 anos

DESCRICIÓN: Cada cinco anos celebramos nunha fin de semana o aniversario de Amencer (foinos 10, 15, 20, 25, 30 anos de Amencer) e estase a preparar os festexos polos 35 anos Amencer.

CALENDARIO:O 30º aniversario celebrouse o 18 e 19 de marzo do 2017.

DESCRICIÓN:Engloba todos os aspectos relacionados coa marcha cotiá da nosa Asociación nos que se toman decisións de diversa índole.

OBXECTIVOS:

  • Xestionar a marcha da nosa Asociación.
  • Tomar as decisións oportunas na nosa andaina.
  • Coordinar os esforzos de todos os animadores/as.
  • Avaliar o curso anterior e programar o presente.
  • Reflexionar sobre algún tema importante para a nosa labor ou ser de animadores/as.

ACTIVIDADES: Reunións, Grupos de traballo, Charlas formativas, dinámica de grupos, presentación de documentos, actividades en pequeno, mediano e grande grupo…

COORDINA: Equipo de Xestión coa Xunta Coordinadora.

 

Asemblea anual

DESCRICIÓN: No mes de setembro reunímonos todos os preanimadores/as, premonitores/as e animadores/as de Amencer na asemblea ordinaria da Asociación. É o momento de reflexión, avaliación, programación, decisión e convivencia máis importante do ano, polo que se insiste na participación de todos/as. Adoitamos desenvolver esta asemblea no albergue de Allariz.

De maneira puntual, tal e como se recolle nos estatutos da nosa asociación, pódese convocar Asemblea Xeral Extraordinaria.

CALENDARIO: Un venres pola tarde e un sábado a finais de setembro.

 

Asembleas Trimestrais

DESCRICIÓN: Unha vez ao trimestre xuntámonos os animadores e animadoras de Amencer para reflexionar e formarnos nas nosas tarefas como animadores cristiáns de tempo libre sentíndonoscorresponsables como animadores de tempo libre de Amencer.

CALENDARIO: Unha mañá ou tarde nas vacacións de Nadal, a terceira nas vacacións de Semana Santa e a última do curso escolar en xuño, antes dos campamentos de verán.

 

Xunta Coordinadora

A súa descrición e obxectivos están recollidos ao inicio desta mesma programación anual.

 

Equipo Xestión

DESCRICIÓN: É un equipo de persoas que se encarga de xestionar a nosa asociación dende un ámbito máis técnico e administrativo.

CALENDARIO:  Os martes pola mañá case todas as semanas do curso escolar.

 

Bolsa de Animadores

DESCRICIÓN: Distintas entidades pídennos que voluntarios de Amencer animen diversas actividades nos seus centros. O colexio salesiano e outras entidades que nos coñecen son un exemplo diso. Ademais, familias dos nosos socios chámannos para que animemos encontros e actividades familiares. Asumindo o noso enfoque de voluntariado, realizamos estas actividades pedindo unha gratificación para os nosos animadores/as polo desenvolvemento destas actividades. Para non discriminar a ninguén, cada ano consultamos aos voluntarios interesados en participar nestas actividades e temos un baremo común de gratificación para todas elas.

CALENDARIO: Segundo a oferta que nos chega.

DESCRICIÓN: Equipo de coordinación da xestión burocrática da Asociación: memorias, carnés, documentación, arquivos…

OBXECTIVOS:

  • Levar ao día a documentación da Asociación.
  • Actualizar e entregar a documentación oficial.
  • Coordinar a realización de memorias dos programas e proxectos.
  • Dar fe das asembleas e as reunións dos órganos competentes da Asociación.
  • Presentar as subvencións e a documentación pertinente para elas.
  • Expedir certificados relacionados coa Asociación.

COORDINAN:Equipo de Xestión.

DESCRICIÓN: É o ámbito de coordinación de todos os aspectos económicos e contables de Amencer: subvencións e axudas, convenios, contabilidade, orzamentos e balances económicos, captación de fondos, criterios de financiamento e coordinación coa comisión de economía da Federación de CC.XX. Don Bosco de Galicia.

OBXECTIVOS:

  • Facer un seguimento pormenorizado das contas da Asociación.
  • Captar fondos económicos para o financiamento dos distintos programas e proxectos da Asociación.
  • Favorecer a relación coas entidades colaboradoras e coas entidades bancarias.
  • Xestionar a solicitude e xustificación de subvencións e axudas económicas de entidades públicas e privadas.
  • Presentar o orzamento e balance dos exercicios correspondentes ante a asemblea de socios e socias de Amencer.

EQUIPO DE TRABALLO: Equipo de Xestión.

DESCRICIÓN: Estar abertos á sociedade ourensá implica manter contacto continuo cos medios de comunicación social, co Concello de Ourense, coa Deputación Provincial, coa Xunta de Galicia e demais organismos, entidades e asociacións relacionadas coa mocidade.

Ademais disto, tamén queremos manter contacto coas distintas entidades que colaboran connosco ao longo de todo o ano e nalgunhas actividades puntuais; para iso temos creado un equipo que se encarga de visitar e manter o contacto con todas estas entidades colaboradoras.

OBXECTIVOS:

  • Coñecer e darse a coñecer nos distintos eidos en que a mocidade é protagonista.
  • Dialogar, relacionarse e cooperar cos distintos organismos e asociacións relacionadas coa mocidade.
  • Manter contacto coas entidades que colaboran coa Asociación.

COORDINA:  Equipo de Xestión.

ACTIVIDADES: Reunións, proxectos de animación, entrevistas, visitas, realización e envío de comunicados de prensa, dossieres, envíos de faxes, chamadas telefónicas…