Estamos integrados nunha Federación de Centros Xuvenís, xunto con outros Centros de Galicia: A “Federación de Centros Xuvenís Don Bosco”. As actividades que facemos e os proxectos que desenvolvemos son compartidos entre todos/as, para crear conciencia de que somos máis que un centro.
Na organización da Federación destacan a asemblea anual, as reunións do Consello Permanente, as da Secretaría Técnica, os Seminarios de Mocidade e Tempo Libre e as das Comisións.
OBXECTIVOS:
- Os sinalados dentro do apartado de Obxectivos da Federación 2019-2020 desta mesma programación anual.
DESCRICIÓN:Na Federación temos unha serie de elementos e órganos de coordinación que facilitan a xestión de proxectos e actividades. Existe un xestor sobre o cal recae o peso da marcha cotiá. Apoiando o seu traballo está a Secretaría Técnica, integrada polos órganos unipersoais da Federación.
OBXECTIVOS:
- Coordinar a marcha da Federación.
- Tomar as decisións oportunas referidas á vida da Federación.
- Potenciar as actividades e proxectos conxuntos.
Asemblea Anual
DESCRICIÓN: Un día reúnense cinco representantes de cada centro federado, ademais do Consello Permanente, para avaliar a marcha do ano anterior e planificar o seguinte. Dependendo dos temas que se traten, participan outros animadores/as que poidan interesados/as.
O método que se segue é a presentación de temas mediante relatorios que cada Centro suxire e elabora con anterioridade. A asemblea é o órgano con poder de decisión máis importante da Federación.
CALENDARIO: Un domingo, normalmente, no mes de outubro.
Consello Permanente
DESCRICIÓN: A súa descrición e obxectivos, así como os membros que o compoñen, recóllense na páxina 10 nesta mesma programación anual.
CALENDARIO: Reunión bimensual, en alternancia con Secretaría de Coordinación.
Secretaría de Coordinación
DESCRICIÓN: Órgano executor das medidas e programas decididos en Consello Permanente. Este equipo participa máis na xestión do día a día das actividades e procesos de xestión que sexan comúns aos centros xuvenís de Galicia. Está formado polos coordinadores dos centros.
CALENDARIO: Reunión bimensual, en alternancia con Consello Permanente.
Seminarios de Mocidade e Tempo Libre,
DESCRICIÓN: No segundo e terceiro trimestre do curso reúnense todos os animadores e animadoras pertencente ás comisións da Federación para traballar nos temas que implican ás mesmas e, arredor dun centro de interese común, outros animadores/as que non están nas outras comisións xúntanse para participar nos foros. É un momento de encontro, comunicación e planificación das actividades de cada comisión e un momento de diálogo e formación para os membros dos distintos centros xuvenís.
CALENDARIO: Unha vez ao trimestre.
Xestión
DESCRICIÓN: Proxecto que inclúe todas aquelas cuestións de índole técnico-administrativa que abrangue a máis dun centro xuvenil en Galicia: laboral, prevención de riscos, seguros, económica, organizativa, provedores, subvencións,… Nos últimos anos esta xestión se centraliza en Amencer-Ourense
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
IRPF – Xsolidaria
DESCRICIÓN: Proxecto que se centra nas subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Subvencións xestionadas pola Xunta de Galicia, ás que acceden os centros xuvenís a través da Federación. Existen dous procesos diferenciados neste proxecto: a difusión e promoción do beneficio de marcar na declaración da renda a casilla para este proxecto (Xsolidaria), e a xestión e xustificación administrativa das axudas.
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
DESCRICIÓN: Na Federación potenciamos actividades tamén cara aos animadores/as dos centros, tanto formativas como lúdicas. Son momentos para medrar en conciencia de que somos Federación e non só grupos de xente facendo as mesmas cousas.
OBXECTIVOS:
- Potenciar momentos de encontro e convivencia dos animadores/as dos centros.
- Ofertar unha formación sólida aos animadores/as no eido do Tempo Libre.
- Coordinar algunha actividade itinerante polos Centros da Federación.
Día da federación
DESCRICIÓN: Un día dedicado á convivencia dos que pertencemos á Federación. Festéxase nos anos pares en conxunto todos os centros xuvenís de Galicia, e en anos impares de xeito local. O día pode incluír un momento de presentación dalgunha iniciativa asociativa da cidade, momentos lúdicos, faladoiros, celebración cristiá e convivencia.
CALENDARIO: Un sábado do terceiro trimestre
Congresos Estatais de Centros Xuvenís
DESCRICIÓN: A Confederación (órgano nacional ao que pertence a Federación de CC.XX. Don Bosco de Galicia) tamén oferta cada dous anos a posibilidade de participar nun foro de reflexión sobre temas que interesan á mocidade dos centros xuvenís. Pretende ser unha oportunidade de compartir opinións e experiencias relacionadas co Tempo Libre.
CALENDARIO: Ultimamente nunha fin de semana do 1º trimestre do curso escolar correspondente
Actividades Puntuais
DESCRICIÓN: Dende a Federación organizamos actividades compartidas polos Centros. Son elementos concretos que serven para potenciar elementos culturais e lúdicos de cara á nosa formación persoal: exposicións itinerantes, envíos de materiais…
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Actividades da Confederación
DESCRICIÓN: A Federación pertence, a súa vez, a Confederación Don Bosco de España que a súa vez organiza distintas actividades de encontro, formación etc. Amencer participa a través da Federación en encontros interfederativos e internacionais, xornadas e cursos de formación presenciais e on-line, xuntanzas estatais, presentación e coordinación de campañas, etc.
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Cápsulas formativas
DESCRICIÓN: Pequenas accións formativas que nacen cando nos centros xuvenís se detecta unha necesidade formativa nos equipos de animadores e ademais é común a varios centros. Se realizan cursos presenciais e online como: manipulador de alimentos, prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, cupcakes, Ciencia divertida, cine e mocidade,…
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Días internacionais
DESCRICIÓN: Empregamos como visibilización de certos días de festexo internacional, e visibilización dos propios centros xuvenís, a realización de un xesto conxunto aos 5 centros xuvenís. Este xesto pode ser un vídeo, texto, lectura, fotografías,… que logo publicamosconxuntamente.
CALENDARIO: Dereitos da Infancia e Dereitos humanos -20 de novembro-, Voluntariado – 5 de decembro-, Nadal -25 de decembro-, Don Bosco -31 de xaneiro-, Rosalía de Castro -24 de febreiro-, Día da muller -8 marzo-, Día do libro – 23 de abril -, Europa -9 maio-, Letras galegas -17 maio-, María Auxiliadora -24 maio-, Día de Galicia -25 xullo-.
Publicacións
DESCRICIÓN: Publicación de recursos ou convocatorias coa participación de varios centros xuvenís de Galicia. Estas publicacións poden ser: concursos, exposicións, escolma de relatos, recursos empregados polos centros xuvenís,…
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Concursos
DESCRICIÓN:De xeito bianual se promoven dous concursos para a promoción da língua e cultura galegas entre a infancia e mocidade. Un concurso é de “Hipercurtos contos” e, ao ano seguinte, un concurso de fotografía.
CALENDARIO: Dende outubro ao 17 de maio (data do fallo do xurado).
DESCRICIÓN: Dende a Federación poténcianse xuntanzas con outras federacións e centros xuvenís non galegos para compartir experiencias, enriquecernos mutuamente e poder realizar proxectos que sós non poderiamos levar a cabo.
OBXECTIVOS:
- Potenciar momentos de encontro, convivencia e formación de representantes de Centros Xuvenís Don Boscode Galicia, Castela e León, e Asturias.
- Coordinar actividades e proxectos interfederativos e intercentros.
Asemblea de Centros Xuvenís don Bosco
DESCRICIÓN: Unha vez ao ano xuntámonos nunha localidade da Inspectoría nun centro xuvenil de Galicia, Castela e León ou Asturias uns 5 representantes de cada centro xuvenil pertencente ás Federacións Don Bosco de Galicia e de Castela-León e Asturias á Inspectoría Santiago El Mayor. É un encontro onde compartimos as nosas vivencias, formámonos, reflexionamos, elaboramos documentos e informámonos da realidade e dos proxectos dos outros centros xuvenís, ademais de coñecer unha realidade concreta no eido do tempo libre.
CALENDARIO: Fin de semana de marzo ou abril.
Encontro Directores e Coordinadores
DESCRICIÓN: Xuntanza dos Directores e coordinadores de cada centro xuvenil e Federación pertencentes ás Federacións de Centros Xuvenís de Galicia, Asturias e Castilla y León, mais o Delegado inspectorial de Pastoral Xuvenil. Nestes encontros se fai un seguemento da aplicación dos obxectivos inspectoriais para os centros xuvenís
CALENDARIO: unha vez ao trimestre
EICCXX
DESCRICIÓN: Encontro dos salesianos acompañantes das Federacións pertencentes á Inspectoría, xunto co Delegado de Pastoral Xuvenil. Nestes encontros se marcan as liñas de acción inspectorial a seguir polos centros xuvenís.
CALENDARIO: encontro cada dous meses
DESCRICIÓN: Participación dos centros xuvenís salesianos de Galicia en plataformas e asociaóns de entidades para conseguir obxectivos comúns a favor da infancia e mocidade en Galicia
OBXECTIVOS: Empregar as sinerxías da asociación de entidades para conseguir realizar labores de incidencia política, cultural, eclesial, social e de comunicación que repercutirán favorablemente nos nosos proxectos e destinatarios.
Xsolidaria
DESCRICIÓN: Proxecto conxunto con outras entidades do terceiro sector en Galicia para promocionar entre a cidadanía os logros realizados grazas ás axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. Animase neste proxecto a marcar a X solidaria na declaración da renda para poder continuar con esta labor no próximo exercicio.
CALENDARIO: 2º e 3º trimestre do curso escolar.
POI-G (Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia)
DESCRICIÓN: Plataforma de Organizacións sen ánimo de lucro que traballan a prol da infancia e mocidade en Galicia. Existen entidades de distintos ámbitos do tecido social galego: protección do menor, discapacidade, centros rurais, tempo libre educativo,…. Trabállase en conxunto coa Plataforma de ámbito estatal en accións de incidencia política, participación infantil,…
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco
DESCRICIÓN: Entidade a nivel estatal que abrangue a todos os centros xuvenís federados, vinculados a Salesianos e Salesianas. Se organizan política e administrativamente con accións comúns a todos os centros: campañas formativas, axudas económicas, proxectos europeos,…
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.
RESPONSABLES:Manuel Seguín (Vicepresidente da Confederación) e Martín Salgado (Representante da nosa Federación), ambos de Amencer.
Congresos xuventude e voluntariado
DESCRICIÓN: Encontros onde se convida a todas as entidades que traballan con xuventude e voluntariado en Galicia, con alternancia cada ano.
CALENDARIO: 1º trimestre do curso escolar.
Proxecto Recoñece (Reconoce)
DESCRICIÓN: Proxecto de ámbito estatal xurdido dende Confederación Don Bosco, ASDE Scouts e Didania que pretende implantar un sistema para recoñecer as competencias adquiridas por unha persoa ao desempeñar a súa labor voluntaria.
CALENDARIO: Ao longo de todo o curso escolar.